Autor: Antía Yáñez

Proportion
Antía Yáñez30 Maio, 2023

Chorar

Chorar pola rúa é semellante a ter a lepra no século XXI. Foi o primeiro que me veu á cabeza cando me aconteceu, hai un par de semanas. Digo que me aconteceu coma se a que chorase non fose eu.

Proportion
Antía Yáñez16 Maio, 2023

Violencia estética

A idade media de acceso a tratamentos de cirurxía estética pasou dos 35 anos aos 20. Cal é a batalla que temos que librar contra a senectude a esa idade, pregúntome.

Proportion
Antía Yáñez2 Maio, 2023

O caso das lecturas obrigatorias

Á pregunta de que opinaba eu sobre os libros de lectura obrigatoria, aquel día, respondín con atrevemento que non tiña un criterio ao cen por cento formado.

Proportion
Antía Yáñez11 Abril, 2023

É o mercado, amigo

Eu quixen ser nai como o quero todo: sen saber moi ben se si ou se non, adaptándome á realidade unha vez vén dada. Non quero nin pensar na inmensa dor das persoas que queren ter fillos e polo que sexa non poden.

Proportion
Antía Yáñez28 Marzo, 2023

Jim Halpert

A adolescencia nos dous mil e poucos foi cousa que terá que estudarse nun futuro, téñoo claro. Unha etapa de transición entre a procura da igualdade sexual (que non dos sexos) e o abandono da figura de muller-de-ben.

Proportion
Antía Yáñez15 Marzo, 2023

Medrar

Chega unha idade na que sabes que se teu pai ou túa nai te chaman en horas non habituais, algo pasou. Unha caída, a tensión, un malestar estraño. As mellores son aquelas nas que devolves a chamada agoniada e a resposta é «o móbil fixo cousas raras dentro do peto»

Proportion
Antía Yáñez28 Febreiro, 2023

Querida ansiedade

Velaquí te deixo, exposta, sacada do teu agocho e espida, para que todos te miren igual que ti me observas cando sento na cadeira a escribir.

Proportion
Antía Yáñez7 Febreiro, 2023

Unha nena non pode ser nai

Eu non podo ser nai porque case non sei ser adulta, dígome. Non podo ser nai porque sigo a ser aquela nena de gafas de cu de vaso violetas cuxa máxima aspiración na vida era facer sangue nos xeonllos e ser quen de aguantar a dor sen chorar.

Proportion
Antía Yáñez24 Xaneiro, 2023

Referentes e opinións

A frase «tiene nombre de persona buena, claramente no es como suena» non vai ser un himno feminista, obvio, pero desde cando Shakira é unha icona do feminismo? Ao mellor o problema son as nosas expectativas, os nosos referentes.

Proportion
Antía Yáñez10 Xaneiro, 2023

Autoficción

Supoño que este artigo podería resumirse nunha reflexión que digo moitas veces diante dos rapaces e rapazas: eu non quero matar xente na vida real, pero matar xente nos libros encántanme.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail