Ás toas

Listas

Fai unha lista na túa casa quen foi ao supermercado este Nadal? Quen cociñou? Quen puxo a mesa? Quen a recolleu? Quen limpou? Quen comprou e envolveu os agasallos?

Creadoras

Traer unha filla a este mundo para min non é crear nada. Todo o fixo o meu corpo, si, pero de forma inconsciente. Crear, pola contra, é unha acción consciente.

Violencias invisibilizadas

Parín unha filla coma quen vai facer unha liposucción ou operar as cataratas e, visto con distancia, penso que a violencia obstétrica existe.

Facer do lecer, traballo

Tiña moi presente aquela frase wonderfulesca: «se traballas do que che gusta non traballarás xamais». Non sabía ata que punto iso podía converterse nunha arma de dobre fío.

Monetizar as crianzas

Facer negocio cos fillos non é novo. Penso nas revistas do corazón, en todas as famosas e famosos que nada máis parir xa estaban ensinando o bebé por un módico prezo.

«Equidistante» é o novo «feminazi»

As redes sociais aliméntanse diso, a política cedeu ante iso. Os contrincantes son inimigos. Quen non pensa coma min é o inimigo.

Todos os Rubiales que nos rodean

Tras o profesor demasiado cariñoso, atopouse co xefe en exceso garatuxeiro. Ela podería ser calquera. E se isto fose unha lista, as mulleres que a len poderían marcar varias cousas como parte da súa biografía. Mentres, todos os Rubiales que nos rodean seguen sen entender nada.

Non teño a cona para muiñeiras

A todos eses que non teñen nin idea do que é pasar por un embarazo, resumiríallelo ben coa frase «Non teño a cona para muiñeiras». En maiúsculas. E nunca o suficientemente grandes.

Membros peludos da familia

As despedidas son para quen fica, non para quen marcha. É unha forma de aprendermos a continuar, a lembrar intentando que manque o menos posible.

A esnaquizada xeración de cristal

Quizais aí radique o quid da cuestión: na esperanza. Na falta dela, máis ben. A xuventude hoxe en día está farta de escoitar que somos a primeira xeración que vivirá peor que os seus proxenitores.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail