Antía Yáñez

Medrar

Chega unha idade na que sabes que se teu pai ou túa nai te chaman en horas non habituais, algo pasou. Unha caída, a tensión, un malestar estraño. As mellores son aquelas nas que devolves a chamada agoniada e a resposta é «o móbil fixo cousas raras dentro do peto»

Querida ansiedade

Velaquí te deixo, exposta, sacada do teu agocho e espida, para que todos te miren igual que ti me observas cando sento na cadeira a escribir.

Unha nena non pode ser nai

Eu non podo ser nai porque case non sei ser adulta, dígome. Non podo ser nai porque sigo a ser aquela nena de gafas de cu de vaso violetas cuxa máxima aspiración na vida era facer sangue nos xeonllos e ser quen de aguantar a dor sen chorar.

Referentes e opinións

A frase «tiene nombre de persona buena, claramente no es como suena» non vai ser un himno feminista, obvio, pero desde cando Shakira é unha icona do feminismo? Ao mellor o problema son as nosas expectativas, os nosos referentes.

Autoficción

Supoño que este artigo podería resumirse nunha reflexión que digo moitas veces diante dos rapaces e rapazas: eu non quero matar xente na vida real, pero matar xente nos libros encántanme.

Feliz mediocridade

A sociedade, en xeral, mente: todos, todas, somos mediocres. Hai que dicilo máis veces e máis alto. Nalgún momento, nalgunha época, podemos facer algo que non o sexa.

Odio o normal

Supoño que a Pablo Motos lle parecería normal dicirlle a Virginia Maestro que lle estaba custando mirala aos ollos porque levaba escote. Nunca lle dixo o mesmo a un tío, porque iso non é «o normal».

Autodestrución

Eu hoxe veño aquí a falar da miña ovulación. Que necesidade? Ningunha, pero tampouco ninguén molestou ao longo dos anos a todos eses «señoros» que practicamente escribían mirándose o escroto, así que aínda que sexa para equilibrar algo as cousas, hoxe toca isto.

O medo ás novas xeracións

Coido que a xente que ten medo a medrar nivel superlativo intenta evitar facelo co pensamento máxico de que as novas xeracións somos iso, novas. Mellor dito: demasiado novas. Se nós somos pequenas a perpetuidade, eles nunca serán vellos.

A xeración Mr. Wonderful (ou como morrer poñendo en práctica a cultura do esforzo)

De cando en vez, sáltame unha «story». Dá igual de quen, porque podería ser de calquera. «Nada se consegue sen esforzo». «Que non che digan que non podes». «Persegue os teus soños». «Eu comecei desde abaixo e mírame». «Non te conformes». «Aspira sempre a máis».

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail