Antía Yáñez
Jim Halpert
A adolescencia nos dous mil e poucos foi cousa que terá que estudarse nun futuro, téñoo claro. Unha etapa de transición entre a procura da igualdade sexual (que non dos sexos) e o abandono da figura de muller-de-ben.
Medrar
Chega unha idade na que sabes que se teu pai ou túa nai te chaman en horas non habituais, algo pasou. Unha caída, a tensión, un malestar estraño. As mellores son aquelas nas que devolves a chamada agoniada e a resposta é «o móbil fixo cousas raras dentro do peto»
Querida ansiedade
Velaquí te deixo, exposta, sacada do teu agocho e espida, para que todos te miren igual que ti me observas cando sento na cadeira a escribir.
Unha nena non pode ser nai
Eu non podo ser nai porque case non sei ser adulta, dígome. Non podo ser nai porque sigo a ser aquela nena de gafas de cu de vaso violetas cuxa máxima aspiración na vida era facer sangue nos xeonllos e ser quen de aguantar a dor sen chorar.
Referentes e opinións
A frase «tiene nombre de persona buena, claramente no es como suena» non vai ser un himno feminista, obvio, pero desde cando Shakira é unha icona do feminismo? Ao mellor o problema son as nosas expectativas, os nosos referentes.
Autoficción
Supoño que este artigo podería resumirse nunha reflexión que digo moitas veces diante dos rapaces e rapazas: eu non quero matar xente na vida real, pero matar xente nos libros encántanme.
Feliz mediocridade
A sociedade, en xeral, mente: todos, todas, somos mediocres. Hai que dicilo máis veces e máis alto. Nalgún momento, nalgunha época, podemos facer algo que non o sexa.
Odio o normal
Supoño que a Pablo Motos lle parecería normal dicirlle a Virginia Maestro que lle estaba custando mirala aos ollos porque levaba escote. Nunca lle dixo o mesmo a un tío, porque iso non é «o normal».
Autodestrución
Eu hoxe veño aquí a falar da miña ovulación. Que necesidade? Ningunha, pero tampouco ninguén molestou ao longo dos anos a todos eses «señoros» que practicamente escribían mirándose o escroto, así que aínda que sexa para equilibrar algo as cousas, hoxe toca isto.
O medo ás novas xeracións
Coido que a xente que ten medo a medrar nivel superlativo intenta evitar facelo co pensamento máxico de que as novas xeracións somos iso, novas. Mellor dito: demasiado novas. Se nós somos pequenas a perpetuidade, eles nunca serán vellos.