A tribo

Quitarlle a área sanitaria é polo seu ben

O Partido Popular tivo onte, cos seus únicos, pero suficientes votos, o respaldo parlamentario á reforma da Lei de Saúde de Galicia. Supoño que con esta frase, que inclúe «votos», «parlamentario», e «Lei», xa espantei dúas terceiras partes de lectores potenciais. Tanto lles ten se viven na Coruña, Ferrol, Santiago,…

Putas con orgullo

Filla de puta. É, de lonxe, o peor insulto que pode recibir unha persoa -ademais de puta, sen máis, no caso dunha muller-. A explicación reside na connotación asumida que temos das prostitutas: mulleres que foden con putañeiros por diñeiro, algo que socialmente se construíu como algo noxento (por elas)…

A pensión de Ringo Starr

Non che foi moi comentado, pero Ringo Starr estivo na concentración dos pensionistas o 17 de marzo na Coruña. Alí, onda o Obelisco, como case única pancarta nesa concorrida cita transversal, campaba un optimista cartel coa imaxe de Ringo. O Beatle que naceu e exerceu de perdedor vai tocar na…

A condesa chama dúas veces

Aos xardíns Méndez Núñez da Coruña baixabamos a xogar os nenos cando a chuvia deixaba, porque nas fochancas non faciamos pé a nada que pingase, e daquela era cando o avó Tomás decidía numerarnos por medo a volver a casa con algún cativo de menos. Eu era a pequecha dos…

«Este cochino Gobierno»

«En la boca oscura de un callejón, pintada y con flores en el pelo, asomaba una mujer: -Las coplas no son delitos mayores, y hay que tener otro miramiento». Para que serve a literatura? Unha das respostas que máis me convence é a de que desvela o que non está…

Morreu Costa

O letal Whatsapp de Pereiro devólveme con nostalxia aos iniciáticos anos 80, nos que José Manuel Costa exercía de cronista dun tempo efervescente na fronteira entre o adeus á longa noite de pedra franquista e a entusiasta benvida a unha modernidade postergada. Heterodoxo membro fundacional do xornal El País e…

Tente quieto Alberto, segundo aviso

Un mes despois de que llo contaramos aquí, en rigoroso directo e en exclusiva para luzes.gal, os preclaros xornalistas de Madrid veñen de descubrir que O Noso Alberto está de novo no camiño da sucesión e a «Feijóo2018 Sucession Tour» vai lanzada. A sesuda entrevista concedida a Jordi Évole para…

Liberdade, vente pa’ Europa

Non ganamos para desgustos. O de ser gardián das esencias patrias é un levar labazadas deseguido. Deixas os ollos buscando chíos ofensivos en contas de Twitter que non coñece ninguén, escoitando raps en gravacións semiclandestinas, que non se lles entende nada do que din, para ver se hai ataques graves…

A tropa de Alí Babá

No mundo, cada ano, móvese un billón de dólares para subornos e outros dous e medio son roubados, chegando a supoñer máis do 5% do produto interior bruto mundial. Nos países máis pobres, pérdense ata dez veces máis cartos por esta razón que os que se empregan para axudas oficiais…

Teñen que aguantarnos, bicándonos e fodéndonos

Por fortuna, os seres humanos nunca despoxaremos as palabras do seu valor emocional. A capacidade de falar co corazón e entendernos distáncianos doutros seres vivos, e sobre todo das máquinas, que agardemos nunca cheguen a substituírnos de todo. Marica, puta... son palabras que máis aló da súa semántica de dicionario,…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail