A tribo

Borrar a historia, controlar o futuro

Dominar o relato do pasado é un xeito de apreixar o futuro. Un exemplo de atropelado borrado da historia témolo en Galicia, en tempo ben recente que semella que non existiu. A experiencia de Goberno de Coalición, o chamado Bipartito, entre o 2005 e o 2009, veu romper o tabú…

Informe sobre un cúmulo estelar chamado Curiosidade (ou notas á marxe de 2015)

A curiosidade non é un recurso de xestión cultural nin un gadget da sociedade do rendemento, senón a dialéctica entre o que medimos e o que presentimos. O recoñecemento de que o asombro e o pensar crítico é matriz onde florecen metáfora e empatía. Que a constante de Planck mide…

Debe Sumar saír do goberno?

Existen boas razóns para quedar nel ata o final da lexislatura, que se resumen no «conseguir cousas para a xente» ou no máis ambicioso «gobernar para a xente». Imos visitar algúns argumentos en contra, o primeiro dos cales pasa por converter a afirmación nunha pregunta: está o goberno coa xente?…

Fillos dunha estrela soa

No noso arrabalde, a Vía Láctea, predominan as estrelas solitarias, como o noso Sol. Aquí, o mundo semella deseñado para o «pack», para a parella que se reparte a culpa de que o neno non coma brócoli. Os erros do sistema nun Estado de Benestar limitado a unhas poucas fórmulas…

A memoria

No antídoto contra o esquecemento que é a memoria está o propio veleno: realmente quero o pasado para a miña filla? Ás veces penso que o mundo o moldeamos nós, como facía a avoa coa zorza ou o pan, e outras creo que o mundo cambia máis rápido do que…

As Xemínidas

Non nos conformamos cos residuos do que foi asombroso. Cos entullos, cos cachotes. Escollemos que este rastro de terra viva sen inventarios de cinza: con monte xestionado, fragas e árbores senlleiras. Ulloa viva. Meirás e me volverás. O patrimonio non é un meteoro; o asombro non caduca.

O oso encerrado na cova

Medicalizamos a tristeza. Tapamos fendas estruturais con Diazepam. En Galiza, moitas avoas e moitos traballadores do mar ou do téxtil, moito profesorado e moito traballador da propia sanidade levan anos anestesiando a alma porque ninguén lles asegurou que tiñan dereito a sentir a dor sen avergoñarse

O ceo das ciencias sociais

A xerarquía das ciencias e a separación das ciencias e as humanidades é unha falacia. A ciencia social permite que a ciencia se vexa as engurras, que os laboratorios teñen paredes, as paredes, oídos, e os orzamentos, intencións. Serve para lembrar que a descuberta máis pura non deixa de ser…

Ecuador de lexislatura

Desde que Podemos irrompeu en 2015 non se volveron mellorar resultados. Asistimos a unha lenta caída e fragmentación do espazo. O que no 2014 era un fervedoiro de forzas diversas hoxe é un conxunto uniformado sobre falsas bases políticas: sobrevivir no poder

A laranxa cuántica

Unha apoloxía do felino como a única entidade capaz de colapsar a función de onda mentres lambe unha pata. E se a materia escura fose como a indiferenza dun gato negro nun cuarto sen luz?

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail