A tribo
Crónica (doutra) morte anunciada
As eleccións adiantadas en Aragón veñen cun aquel de primarias. Ante a falta de capacidade para facer oposición en base á defensa dun modelo propio, o PP optou por unha lexislatura de acoso e derribo contra Sánchez. Unha estratexia moito máis cómoda e con maiores beneficios.... Ata certo punto.
As ondas do mar da radio, que grandes son!
Cuac FM, unha emisora comunitaria galega que insiste en existir como se o aire fose de todos. Ah, é que non o é? No 2026 celebramos tres décadas de ondas que surfean desde A Coruña e por toda a área metropolitana e bisbarra. Parpar de parruliño que se xa fixo…
A esperanza de vida e o narcisismo tirano
Non preocupa a mortalidade dos comúns, e máis aínda se son migrantes ou indíxenas ou «subhumanos». O triunfo da cobiza neoliberal desembocou nesta época do «individuo tirano», coa ideoloxía dun narcisismo fascista. O que obsesiona a estes supremacistas endeusados é a súa saúde, a súa lonxevidade.
María Lionza e Antonio Pacheco han baixar cargados de flores
Venezuela é América. Parte de. Ningún país só é América. A metonimia é ignorante. A metonimia quere converter Venezuela en useña, como dicía Mercedes Borges. Un goberno monicreque para deixar meter man aos ricos recursos naturais.
Alén da diferenza, volver gañar
A política non debe ir da rúa ao Estado por medio da política da diferenza, isto é, da pluralidade intrínseca do corpo social ás institucións. Todo o contrario: é saíndo e proliferando, non buscando a identidade, senón destruíndoa (o que, por certo, predica a teoría queer).
Isto é América
Poderíase pensar que fan as cousas segundo lles peta, pero os sucesos dos últimos dias en Minneapolis proban unha trama diferente. O asasinato de Alex Pretti, un cidadán desarmado que protexía unha muller a mans do ICE, pon de manifesto que a nova orde ten un plan pensado con antelación…
O mundo en chamas
A situación internacional non só parece inestable, senón tamén perigosa para todos, incluídos os países europeos. O desapego que podemos sentir respecto a outras persoas non é natural, senón unha estratexia para dividirnos, ignorar o sufrimento alleo e facilitar a violencia da que dependen os sistemas e as ideoloxías opresivas.
Decrecer é liberar
A cifra non para de bater récords. No World Inequiality Report 2026 explicábase que o 10% da poboación planetaria concentra o 75% da riqueza. Isto pon en evidencia que o decrecemento redistributivo non só é unha estratexia de clase solvente, senón mesmo unha cuestión urxente de supervivencia.
Remontarás ríos de tinta
O salmón non remonta en solitario. Para teimar en ser un Nós, ás veces insistimos en adobiar a Castelao cun Eu que lle pega pouco. Con ese culto posmoderno e reseso ao Eu autorial que pasa por riba dos colectivos, é doado esquecer que el -non nacendo na miseria- tivo…
O emperador de Groenlandia
Oxalá que co que aconteceu en Venezuela espertemos dunha vez: co fascismo non hai diálogo. Cústame escribilo, pero o fascismo é guerra. Din que ao fascismo se lle gaña nas urnas, e tamén con educación, xustiza e igualdade. Pero cando un fascismo imperialista xa está gobernando, que se fai? Resistir.…












