A tribo
O legado de Belgrano
O caso da venda do Centro Gallego de Bos Aires, situado en Belgrano 2189, explicouno Xosé Manuel Pereiro nunha das súas crónicas hiperbóreas (marabillosas) en CTXT. Abonda con reiterar ao seu relato que coa a posible venda do Centro por corenta e poucos millóns de euros á Fundación Favaloro e…
O neno desaparecido
Van dous xudeus por diante do Vaticano e un dille ao outro: «E pensar que todo iso comezou nun alpendre de Belén!». Hai outra brincadeira da que gusto moito. Un hebreo vai falar cun sacerdote católico e explícalle que o seu fillo quere facerse tamén católico e meterse no Seminario.…
Eu non son de molestar
A seiscentos quilómetros é difícil escoitar ben. Na distancia, o ruído dos titulares afoga a letra pequena, e eu tiña curiosidade por saber que contaran polo miúdo na presentación de luzes.gal en Pontevedra. Dos fachos que alí se prenderon quedei coa frase de Manuel Rivas: «Imos falar do que non…
Grazas, señorita autoestrada
Di Pedro Pérez, o presidente de Itinere, a orgullosa concesionaria da autoestrada galega AP-9, que os galegos non debéramos de queixarnos tanto da suba prevista dun 3.9% nas peaxes, que xa está ben de choromicar. Di Pedro Pérez que as obras hai que pagalas e que aínda poderían ter subido…
O dereito á felicidade dos infelices: as peiteadoras de Saraxevo
Aínda que finalmente o retiraron, o primeiro argumento de defensa dos cinco mozos sevillanos coñecidos como La Manada e acusados de violar a unha rapaza durante a celebración do San Fermín en 2016 foi un informe encargado a un detective privado no que concluía que a suposta vítima retomara unha…
O Pai da Patria
Ser un pai –e xa non digamos «o Pai»- da Patria debe ser moi cansado. Xa lle chega ser pai en xeral, por non falar de ser nai, para por riba aturar os fillos propios e os alleos, os teus cuñados e os do resto, e de aí para arriba,…
A política do abusar
Os debates políticos dos últimos meses, centrados no recoñecemento das nacións que compoñen o Estado español e na garantía dos dereitos sociais da cidadanía, fixeron esquecer outros aspectos importantes na articulación institucional da participación democrática, dos que só nos lembramos cando temos as eleccións pegadas en coloridos carteis. Refírome ao…
O país infinito
Hai cousas que non se poden medir, por moito GPS que lle botes. A costa dun país, por exemplo, fai parte desa lista de, como diría o filósofo Mario Bunge, “ilustres descoñecidos”, cousas que sabemos que están aí pero que non están aí, que carecen dunha entidade definida.
Galicia 2057
Hai uns días participei nunha mesa redonda sobre a identidade galega no ano 2057. Inserida no foro de prospectiva, que se desenvolve ao fío da celebración do corenta aniversario da Museo do Pobo Galego, María Xosé Cerviño, secretaria do padroado, propúxonos ao produtor Jorge Algora e a min mesmo, como…
Os estadistas e o acomodador de Allariz
Hai frases felices na literatura que, coa medida dun aforismo, teñen a dimensión dun tratado histórico. Unha delas, na literatura galega, é a que di un personaxe chamado Vicentiño nun relato d’O acomodador e outras narracións, de Marcial Suárez: -Non hai pobo no mundo que teña máis igrexas por católico…












