A tribo

As negras, negras

Despois do fenómeno empowering women protagonizado por Oprah Winfrey na gala dos Globos de Ouro, chegou o momento de sinalar unha das caras menos amables do mundo do feminismo. Esa que demostra que, cando se trata da cor da pel, neste lado do planeta hai feminismos de primeira e de…

O narcotráfico galego

«Os contrabandistas son a xente máis honrada que existe». Esta afirmación, realizada por Manuel Díaz González, Ligero, tras saír elixido alcalde da Guarda por Alianza Popular en 1987, demostra ata que punto estaba socialmente aceptado ese negocio clandestino. O práceme xeral foi un dos factores clave que facilitou o salto do contrabando…

Galicia ausente

Nunca como agora Galicia estivo tan ausente en todos os grandes debates políticos en España. Certo é que, durante anos, os galegos iamos a rebufo de cataláns e vascos en canto se abría un gran melón territorial ou lingüístico. De terceiros, pero estabamos e a ninguén se lle ocorría falar…

A Galicia esnafrada

A palabra galega preferida do humorista Forges (Antonio Fraguas, dos Fraguas da Fonsagrada) era o verbo «esnafrar». A expresión: «Quedou esnafrado!». No uso xeral, significa «romper totalmente» ou bater de golpe moi forte con algo. Ten por sinónimo «esnachar», co que cadra un significado máis específico e tamén de uso…

Hoxe, 23F, estarían mortos

Se hai algo que define unha sociedade, máis que a súa Historia (con maiúscula) que, como dicía Ambrose Bierce, é o relato case sempre falso de feitos case sempre cativos producidos por gobernantes case sempre ruíns ou por militares case sempre parvos, é como reacciona nos momentos críticos, e como…

Perdoa, pero son millennial

Dende que os sociólogos clasificaron as nacidas entre os oitentas e os dous mil como millennials, e a revista Time nos adicou unha portada en 2013 chamándonos egocéntricas e consumistas, levo cinco anos desculpándome. Configuradoras profesionais dos perfís en redes sociais de toda a familia, somos as que entenden de…

Longa vida ao MARCO!

Hai uns meses un amigo pintor, Din Matamoro, dixo que sobre o MARCO había unha nube. Sentiu un presaxio e fixo unha foto daquela nube. Si, desde logo tiña toda a razón… Sinto hoxe con desacougo que hai forte treboada. Un crítico de arte moi ben recoñecido, de fóra de…

O (ab)uso da censura

Resulta preocupante que no último ano varias persoas tiveran que afrontar procedementos penais por facer crítica, denuncia ou humor sobre a relixión, Carrero Blanco ou ETA. E aínda máis preocupante resulta comprobar que a xente de esquerdas parece querer utilizar eses mesmos instrumentos, precisamente, para defender a liberdade. 1 Por…

Peche patronal na Xunta

Se o que está a facer a Xunta co conflito dos traballadores da Xustiza galega non é un peche patronal, que veña Adam Smith e que o vexa. Coma estratexia podería valer, pero ten un pequeno problema: é ilegal. Os peches patronais só son legais en casos de violencia, ocupación…

39 chanzos con Norman Foster

En Madrid é imposible aburrirse. Claro que eu son de bo enredar. Despois de sete anos pisando asfalto pola capital teño marcados para as tardes de inverno certos lugares fav. Na Gran Vía, na mítica torre trazada por Ignacio de Cárdenas, está un deles:  Espacio Fundación Telefónica, un ámbito cultural…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail