A tribo

Galego nos medios todos os días

O galego nos medios xa ten o seu día, como os calcetíns perdidos (9 de maio), os OVNI (2 de xullo) ou o Nirvana (15 de febreiro). Cada vez máis difícil de atopar, avistar e conmemorar, a data escollida pola Asociación de (escasos) Medios en Galego (AMEGA), o 7 de…

Para independentes, nós

Sempre se dixo que era fóra onde os galegos demostrabamos o que podiamos dar de si (ou de nós). Sexa ou non certo, Alberto Núñez Feijóo é un claro caso a favor. Mais que saír fóra, é que bota por fóra. Non é raro que por aí o miren como…

Un Picasso descolgado

Hai uns meses volvín ao Reina Sofía. Viñeron a Madrid uns amigos galegos que querían ver o Guernica e pareceume a escusa perfecta para unha sobremesa de sábado sen bares. Cando entramos na sala na que vive o cadro, quen propuxo a visita apartou de nós. Pasaron uns minutos e…

A diáspora que nos virá

Xa non se leva denunciar a situación das persoas refuxiadas que seguen sufrindo igual que hai un ano, e case que dous, porque alguén decidiu que xa non son noticia. Porén, o terrible inverno setentrional resulta devastador para milleiros de seres humanos atrapados en novos campos de concentración ás portas…

Xa non chove como chovía

Xa non chove como chovía. E non se fala diso. Agora mais que choiva ambiental, constante, melancólica... haiche, aquí en Suevia, chuvascos. Isto ponme moi nervioso. O mellor que me pasou na miña vida foi ser o autor accidental dunha canción co retrouso «Fai un sol de carallo». Era un…

Elexía da derrota

Eu que son Guardiolista dos que peregrina levo un tempo que non podo deixar de pensar en Zidane. Concretamente dende que perdeu co Leganés. Será que a xente, como ocorre co veciño pesado do sétimo cando morre, cáeme un pouco mellor cando perde. Mais a min Zidane sempre me caeu…

A lección universal de Castelao

No seu día foi un erro a «volta» do Castelao defunto. A traída dos restos dende o camposanto da Chacarita, en Bos Aires. O seu lugar era aquel derradeiro repouso do exilio, no país onde foi acollido. Mesmo para non ser esquecido. Hoxe sabémolo. Onde está soterrado Castelao? Moita xente,…

Feijóo2018 succesion tour

Non foi posible que parara quieto. Parecía que aprendera, pero coma aos malos estudantes fáltalle regularidade. A pesar dos avisos da xente que lle queremos ben sen que nos subvencionen por facelo, o peitolobo que leva dentro puido máis. Xa temos a «Feijóo2018 Succession Tour» disparada. Logo de abrir as…

«No nos metamos en eso»

«No nos metamos ahora en eso». Esa foi a resposta do presidente do Goberno a un atónito Carlos Alsina que preguntaba pola posibilidade de que o Executivo equiparase por lei os soldos de mulleres e homes. Non sei a vós, pero a min sooume ao típico comentario sobre o matón…

O noso é rir delas

«Leo el periódico practico deporte el domingo a misa y pago todas las multas y yo en mi vida he ido a putas» Oh, qué raro soy. Siniestro Total   Non deixa de chamarme a atención o desapercibido que pasa todo o relacionado coa Operación Carioca, a maior causa xudicial…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail