A tribo

O paradoxo dos éxitos nacionalistas

Mentres os nacionalismos de esquerda galego e vasco progresan priorizando o marco social por riba do nacional, o catalán segue a perder peso ao insistir nunha independencia imposíbel.

As bondades clínicas do fentanilo

Cómpre explicar todo o contexto do fentanilo e a súa importancia paliativa da dor na medicina. Os que sufrimos doenzas crónicas precisamos desta substancia, prescrita por profesionais, para vivir con menos malestar.

Pin parental

É un paradoxo que as persoas que se queixan de que se fale de educación sexual ou diversidade lingüística sexan, precisamente, as mesmas que din que agora hai menos liberdade de expresión que nos 80.

Voto vasco no galeusca electoral

As eleccións vascas do vindeiro domingo poden supoñer un cambio no bipartidismo político de Euskadi e, por vez primeira, cunha forza nacionalista de esquerdas no poder.

Agasallos

Sempre quedei fascinada por aquilo que podemos achar na rúa. Un día, atopei unha estraña radio que, despois de arranxala, deume unha terrible sorpresa.

Sumar e a consistencia do seu discurso

Sumar ten problemas de consistencia no seu discurso. A nivel estatal, dende o 2019, a «esquerda á esquerda» do PSOE perde votos. Tamén en Galiza, onde foi o BNG quen medrou collendo espazo da Nova Política.

Federalizar, cara arriba e cara abaixo: o Reino de España e a Unión Europea

Unha Europa máis federal podería ser unha Europa con menos poder do mercado e menos desigualdade, a mesma dirección poderíase aplicar, tamén, á propia España.

Normal

Lin e vin esta santa semana as peores testemuñas do que pode chegar a facer o ser humano. O silencio estenderase mentres ningún Deus resucitará ao terceiro día para perdoar os nosos pecados.

Os «Odiosos Oitenta»

Os oitenta impuxeron e consolidaron o «realismo capitalista». Logrouse privar a sociedade de toda imaxinación política coa que idear un mundo mellor. Na linguaxe thatcheriana: «non hai alternativa».

O pozo do abismo e o dereito de espada  

Fálase moito da chave que abre «o pozo do abismo», mais non se fala do que debería ser o centro da conversa civilizada: asegurarse de que a única chave a man sexa a que peche o pozo do abismo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail