A porta de Tannhäuser

Franco, a miña nai e eu

A silueta da miña nai ten un esbozo fascistoide. Hai moitos anos sentada nun cuarto insípido, disfrazado de habitación acolledora, nun apartamento do West Village neoiorquino, dicíalle á miña psiquiatra que, co tempo e a distancia, descubrira que a miña nai era a sombra do Generalísimo Franco. Cando lle soltaba…

A muralla de Lugo

Se fose un fulano deses que ultimamente están a perder os papeis –porque son incapaces de controlar a súa misoxinia, transfobia ou homofobia–, hai décadas que o tería fendido na cara cunha copa de viño, a un señorito que unha vez me lanzou unha cabicha acesa no escote cando lle…

A apatía coruñesa

Escribe Sonia Vizoso en El País que os dous cidadáns senegaleses que defenderon a Samuel Luiz cando o mataban a golpes na Coruña, «foron as dúas únicas persoas dos moitas presentes na zona que saíron en defensa do novo». Ibrahima e Magatte aínda non son coruñeses, pero pronto a cidade…

Os que non contan

En Berlín, un de cada tres cidadáns non é alemán. Un terzo da poboación de Berlín non ten pasaporte teutónico, nin dereito a voto nas eleccións nacionais. Como europeo, tes dereito a votar localmente, só uns meses despois de rexistrarte. Pero como o Berliner Zeitung publicou a pasada fin de…

Eu amo

Se non sei que facer diante dunha situación que me excede, mergúllome en palabras. No dicionario en liña da RAE cando tecleo un substantivo en feminino indícame que vexa o nome en masculino. Para aprender unha palabra nova teño que aprendela primeiro en masculino. Sen contar con que en decenas…

Cabaret

Hai uns días quedei pasmada mirando Cabaret de Bob Fosse nun cinema ao aire libre de Berlín. Vin ese filme non sei cantas veces, pero nunca en pantalla grande, en versión orixinal, acompañada dun gran número de espectadores e na capital alemá, onde ten lugar a trama. Chamoume a atención…

O meu 11-S

Fai vinte anos, cando tiña trinta e tres, non sabía que os abrazos son máxicos ou que os tangos menten. Entón vivía bastante feliz nun cuartiño abufardado no East Village de Manhattan. A noite do 10 de setembro de 2001 non podía durmir. Foto de Enrique F. Pastor Por algún…

A burka de Millán-Astray

A burka é un instrumento perigoso e versátil. Tanto lle serve a un talibán como a un fascista. Cada un coa súa axenda e a burka na diana duns e outros, que a usan para controlar e prohibir. A burka é convertible. É como esa capa que tiña Harry Potter:…

Os milagres de Herr Wunder

Moitas veces as repeticións non teñen sentido, pero axúdannos a entender e resolver algunhas cousas. Hai uns días lin que o Estado español levaba décadas pagándolles un salario, en forma de subvencións, a uns monxes do Valle de los Caídos, cuxo traballo aparente é acender candeas e orar pola alma…

Fóra de xogo

No fútbol, ​​como nunha vida digna, non se pode ser neutral. Ser neutral fronte ao racismo é ser racista. Ser neutral fronte ao fascismo é ser fascista. Ser neutral fronte á homofobia é ser homófobo. Segundo a UEFA, fútbol e política van por separado. Non señoros, NON. A política e…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail