A actualidade está sobrevalorada
Arde Galicia, para variar
Quen contaba! En xullo ponse a facer unha calor do demo, cando o dispositivo antiincendios da Xunta está a medio desenvolver. Afortunadamente, o conselleiro do ramo está onde ten que estar: dando entrevistas a medios amigos.
Menos (nada de) periodismo
Os xornalistas menten? Os policías fabrican probas para incriminar xente inocente? Nas películas si e, polo que se ve, ou máis ben polo que se escoita, na realidade tamén. Na española, polo menos.
OTAN, de entrada si, por suposto
Por se non estaba claro quen mandaba, o pasado Cumio da OTAN en Madrid deixouno claro: os de sempre, e cos modos de sempre, nada de ambigüidades. E se hai que gastar o que faga falta en armamento –norteamericano, por suposto– gástase, porque é por necesidade de seguridade.
Xuíces, OTAN e sexo ordenado
A actualidade non só está sobrevalorada, senón sobredimensionada. O masacre de Melilla foi a resolución dun problema de integridade territorial. A OTAN agrándase en Madrid. O aborto deixou de ser un dereito –non desexado, pero dereito– nos EUA por decisión duns xuíces vitalicios, e por se fose pouco, aquí empezan a…
Feijóo, Bonilla, a mesma loita!
Das eleccións andaluzas parece que se poden sacar dúas conclusións: unha, que o método Feijóo de gañar autonómicas (nada de siglas do partido, nada de ideoloxía e Gali... Andalucía, Andalucía, Andalucía) funciona, ou polo menos funcionoulle a Juanma Moreno Bonilla. A outra é que para non obter moi malos resultados,…
Galicia express
Os viadutos reparados véñense abaixo cando estaban a piques de reinaugurarse. Os trens rápidos veñen, pero as frecuencias coas que circulan vánse igual de rápido. En Galicia, en cuestión de comunicacións, estamos como estabamos? Ou estivemos como pensabamos que iamos estar, pero deixamos de estalo?
‘Villa de Pitanxo’, máis preguntas
Pese ao silencio decretado, os familiares dos mortos e desaparecidos do pesqueiro Villa de Pitanxo seguen a reclamar explicacións, cando os atrancos técnicos e os económicos que se poñían nos primeiros momentos vanse esvaecendo. Cada día que pasa, xurden tamén novas contradiccións nas declaracións do patrón, Juan Padín, e novas interrogantes sobre…
Aivó, aivó, á aula a traballar
Está a rematar o curso, e con el, as forzas do profesorado de secundaria. As reformas sucesivas, o incremento brutal da burocracia e o descenso de persoal fan que moitas veces teñan que dedicar máis tempo a asuntos colaterais que a preparar a materia ou a impartila. Diso os tres…
«Explicaciones… ¿de qué?»
200 medios de comunicación e outros tantos fans juancarlistas puxeron esta finde a Galicia no mapa e ao Emérito depositado nun barco que ganou unha regata. Todo un viva antes que comentan os nosos grumetes de garda, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, cun contramestre invitado, Víctor Honorato, xornalista…
Sanxenxo, porto refuxio
Sanxenxo será esta finde porto refuxio, como a illa caribeña da Tortuga na que se acubillaban no século XVII e XVIII aqueles navegantes que tiñan unha relación tensa coa legalidade. Non nos referimos á parte máis escollida dos veraneantes de sempre, senón ao Emérito, o rei vello, que segundo informou…