A actualidade está sobrevalorada
Estilo Galicia, HEY!
No I Ano Triunfal de Rueda a Xunta tirou a casa pola ventá (a TVG) e fixo un reallity show daqueles do xénero do exhibicionismo emocional no que a xente do común ía dar testemuño nas pantallas.
Altri, Sargadelos, as transferencias e un bolseiro
Unha empresa que ameaza con irse se non lle dan cariño e 250 millóns de euros, e un empresario que di que pecha ou non, segundo lle dá o aire. Ana Luísa Bouza, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro non puidemos escoller mellor ocasión para volver ás súas orellas,…
Live in Lugo!!!
Conseguimos actuar en directo, aínda que fose indo ao cárcere. O vello cárcere de Lugo, exemplo de que facer cos edificios que xa non valen para a finalidade para a que foron feitos.
O ano que ruedamos perigosamente
Vai para un ano que subimos, a maioría do electorado que acudiu ás urnas, ao bus do PP que conducía Alfonso Rueda. Que pasou desde entón? Que cambiou no goberno? E na(s) oposición (s)?
Independencia, salarios e alerta cinexética
O Goberno vai implantar un plan de choque sobre a dependencia, que inclúe cambiarlle o nome por Ley de Autonomía. Suxerimos que ao plan que fará a Xunta para non ser menos, lle chama Lei de Independencia.
Louzán, as urxencias e a connivencia
O TS absolveu a Louzán porque se inventou un concurso público, foi para pagar unhas obras acordadas mediante «connivencia» (sic)
«El palacete, el palacete»!
Que pasou co Palacete de París que a Gestapo lle incautou aos vascos e que o PP tiña a firme convicción de que debería seguir sendo propiedade de España? E que vai pasar cos concelleiros do PSdeG en Compostela?
Europa, sé forte!!
O episodio de hoxe comeza cunha traxedia, a toma de posesión de Donald Trump como presidente dos EUA e das súas tecnolóxicas, e remata con outra: a morte de Superpiñeiro.
Socialistas, privatizacións e un senador veloz
Que vai querer ser o PSdeG de maior? Esa é a pregunta que parece formularse decote. Que tampouco é moita novidade na súa historia, que leva disparándose no pé toda vida sen necesidade de xuntarse en Amio.
Manifestación, competencias e a señora Scrooge
Acumúlansenos os sucesos históricos. Unha masiva manifestación contra Altri e dous milagres: a cesión de competencias despois de 16 anos e un inhabilitado por prevaricación chega a un cargo oficial.












