Sanxenxo, porto refuxio

Sanxenxo será esta finde porto refuxio, como a illa caribeña da Tortuga na que se acubillaban no século XVII e XVIII aqueles navegantes que tiñan unha relación tensa coa legalidade. Non nos referimos á parte máis escollida dos veraneantes de sempre, senón ao Emérito, o rei vello, que segundo informou o novo voceiro da casa real, o alcalde Telmo Martín, virá dar unhas bordadas á ría de Pontevedra. Polo demais, o nosos falangueiros habituais, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro tocarán tamén os apaixonantes temas no novo presidente e do novo goberno da Xunta e, como non, do días das letras galegas, esa xornada na que se celebra un tedeum oficial na honra do bilingüismo harmónico e da mansedume dos galegofalantes.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail