A Xunta Electoral ordena á Televisión de Galicia «neutralidade informativa» na campaña electoral

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou en precampaña a falta de cobertura informativa da súa candidata, Ana Pontón. A CRTVG presentou un recurso e a Junta Electoral rexeitouno, recoñecendo o trato distinto entre partidos políticos por parte da canle pública.

A obxectividade dos medios públicos galegos é unha cuestión controvertida desde hai anos. De camiño ás urnas fíxose máis visible e por iso o BNG puxo unha denuncia en precampaña, cando a formación nacionalista asegurou que os informativos da Televisión de Galicia (TVG) descartaron as mensaxes da candidata, Ana Pontón. Foron tres programas onde se eludiron as súas declaracións e optouse por unha narración en off, moi dispar ao resto de partidos políticos.

O BNG instou á Xunta Electoral Central a que se establecesen medidas «compensatorias» ao ver «vulnerados os seus dereitos na cobertura informativa». A JEC sinalou na súa resolución que os medios «teñen a facultade de optar por un determinado formato informativo» seguindo para iso «criterios xornalísticos», pero sostén que os candidatos «non deben de ser tratados polos devanditos medios de forma discriminatoria». Iso supoñería faltar aos «principios de igualdade electoral e neutralidade informativa na súa programación». Ademais, lembrou que o BNG si ten representación no Parlamento galego, a diferenza de outros grupos aos que TVG lles deu espazo no telexornal.

[Puedes seguir leyendo este artículo en castellano aquí]

Para a JEC, a queixa do BNG «está fundada por non respectarse a neutralidade informativa en toda a programación», e pediu á TVG responsabilidade, neste caso, previo ao comezo de campaña. Na súa resolución, o órgano que vela polo cumprimento electoral ratifica que o tratamento ao BNG foi «distinto» a outras dúas formacións políticas por «non incluír declaracións» de Pontón, cando si se deu cos demais. Da mesma maneira sinala que a omisión se deu ata en tres ocasiones, o 16, 17 e 19 de xuño, xa en tempo de precampaña. «Unicamente inclúese información sobre o acto, pero sen intervención do seu líder», recolle o texto.

A Corporación da Radio e Televisión Galega (CRTVG) presentou un recurso, pero a Junta Electoral Central desestimouno. Na resolución, a JEC considera que a xustificación da CRTVG non é «obxectiva e razoable» e que «a racionalidade que é inherente á interdicción da arbitrariedade leva a establecer diferentes criterios para o tratamento informativo en función da distinta natureza do acto público». A JECrecoñece «certa flexibilidade» pero considera que «o respecto ao principio de igualdade entre as candidaturas debe ser idéntico».

A man do PP na CRTVG

A autoridade do PP nos medios de comunicación públicos quedou reflectida en máis dunha ocasión nos informativos. En maio, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, declarou loito oficial polas vítimas de COVID-19 e a TVG ordenou aos presentadores que se vestisen de negro ao día seguinte. Noutra ocasión máis recente, Marta Darriba levou a contraria á JEC ao acabar o debate electoral deste luns, cando mirando a cámara, reivindicou o traballo da TVG desde a «proporcionalidade, neutralidade e igualdade».

Vestidas de negro tamén, pero por motivos moi diferentes, as xornalistas de Defende a Galegadenunciaron estas palabras. «Dime de que presumes…por dicilo máis veces non vai ser verdade. A CRTVG carece de imparcialidade e de pluralidade». Máis de 100 «venres en negro» continúan reivindicando o persoal da canle pública un trato parcial fose dos intereses do Executivo autonómico, o cal nega calquera influencia na TVG e pon por encima a profesionalidade dos xornalistas.


Este artigo publicouse orixinariamente en castelán en Público como parte dun acordo de colaboración con este periódico. Aquí podes atopar máis artigos de Público en Luzes.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail