S02E05 (II): Defuntas II. Aínda máis defuntas.

Na segunda parte do episodio desta semana, falamos dos saberes máxicos de meigas e compoñedoras, de como actuaban con frecuencia en conivencia coa Igrexa ou de como “sacaban o aire”.
Tamén levamos as nosas ouvintes de viaxe polo país e por Europa para lles falar dos nosos cemiterios preferidos, aqueles con quen estamos unidas por experiencias persoais ou filias literarias.
Por último, recomendámosvos poemas, novelas, ensaios, filmes, series e mesmo algunha excursión para aproveitardes ao máximo a atmosfera arrepiante dos días de Santos e Defuntos.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail