Nunha proba máis da estatalización da campaña, A Actualidade está Sobrevalorada canta en español! Ben, o equipo tertuliano habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro– non, pero si o fai a moderadora, Virginia P. Alonso que os invitou a súa casa: Público.es. Nun máis difícil aínda, o noso podcast favorito fai un crossover: poderáno ver (subtitulado ao castelán) en Público.es, e escoitalo aquí, onde sempre.