Domingos Merino, o que fora primeiro alcalde da restauración democrática na Coruña, morreu a tarde do pasado 31 de xaneiro, segundo fontes próximas á familia. Merino vivía en Vilagarcía e sofría desde hai anos unha doenza dexenerativa, paliada unicamente polos coidados da súa parella e da súa familia, e que xa lle impedira asistir, o 24 de abril de 2014 a unha homenaxe que se lle fixera no Circo de Artesáns da Coruña. DOmingos Merino rroviña do PSG e accedera a María Pita na candidatura de Unidade Galega. Non rematou o mandato, ao presentar a demisión por falta e apoios, e a alcaldía pasou a UCD.
Merino fora deputado galego primeiro polo PSG-EG, en 1991, na terceira lexislatura do Parlamento Galego, e logo polo BNG na quinta e sexta.
A capela ardente instalouse o venres 3 no salón de plenos de María Pita, e por ela pasaron cidadáns e representantes dos distintos partidos políticos e das institucións, que o despediron ás 16 horas nun acto fúnebre coas honras dun exalcalde.