A esquerda galega concorre aos comicios galegos dividida en catro coalicións

A última alianza en rexistrarse foi Marea Galeguista, despois de que En Marea anunciase a súa participación nas eleccións autonómicas. Repiten da pasada convocatoria Galicia en Común Anova-Mareas, Espazo Común e Unidos polo futuro.

A incorporación de En Marea ao escenario electoral ampliou a fragmentación da esquerda galega. Este venres terminou o prazo para rexistrar coalicións e o partido que se xuntou con Galicia en Común nas pasadas autonómicas baixo a mesma marca, aposta polo partidos Compromiso por Galicia e Partido Galeguista co nome Marea Galeguista. Das eleccións canceladas o 5 de abril, volven repetir Galicia en Común Anova-Mareas, Espazo Común e Unidos polo futuro.

Marea Galeguista aínda non ten cabeza de lista clara, pero as tres formacións preséntanse como a alternativa para facer fronte á «emerxencia social, feminista e climática que vive Galicia». En Marea, despois da retirada do seu líder Luís Villares, non se ía presentar aos comicios do 5 de abril. O seu apoio a unhas eleccións en xullo levantou as sospeitas de que, baixo unha nova dirección e con caras novas, resolvesen concorrer. Desde o partido explican que entre as forzas actuais «non hai alternativa ao PP» e que as circunstancias son moi diferentes ás pasadas eleccións debido á crise orixinada pola COVID-19, onde a oposición «estivo desaparecida».

[Puedes seguir leyendo este artículo en castellano aquí]

Desde o partido contactaron con outras forzas para buscar coalición xa que así o elixiron as rexistradas, pero non se dirixiron ás súas antigas compañeiras de Galicia en Común, que evitaron pronunciarse acerca da súa candidatura ás autonómicas, do mesmo xeito que o resto de grupos parlamentarios. En Marea en 2016 situouse como unha das principais forzas políticas con 14 deputados, pero debido á súa escisión creáronse dous grupos no Parlamento, o seu con 5 integrantes, chamado Grupo Mixto. Os 9 restantes foron para Galicia en Común, que conformaron o Grupo Común da Esquerda.

A candidatura de Antón Gómez Reino como candidato á Xunta era previsible antes de que se formalizase para as eleccións do 5 de abril. Para eses comicios, as alianzas foran apuradas ata o último momento, algo que non ocorreu nesta convocatoria, que chegaron coa coalición despexada. Esta vez, con máis de 24 horas de marxe, o partido de Gómez Reino xa rexistrara a súa coalición ante a xunta electoral.

Desta maneira integran Galicia en Común: Podemos, Esquerda Unida, Anova, Marea Atlántica e Compostela Aberta. O grupo foi moi crítico coa convocatoria electoral no verán, xa que consideran que non se dan as garantías sanitarias para ir ás urnas. A formación considera «intacta» a posibilidade dun «cambio político» despois da xornada electoral e aposta por unha coalición para gobernar a Xunta de Galicia.

A terceira alianza é Espazo Común, que non ten representación na Cámara galega, unha organización fundada polo exsecretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, que se suma a Recortes Cero e a Os Verdes para concorrer xuntas o 12 de xullo. Encabezada por Pastora Fernández e Francisco Fraga, a formación busca dar voz a Ourense e presentarán candidaturas para as catro provincias, definíndose como unha «alternativa progresista». Criticaron que o Goberno de Feijóo non convocase a todas as forzas que se presentaron ao 5A para abordar unha nova data electoral.

Unidos polo futuro, que tamén se rexistraron para o 5A, é outra coalición para as eleccións autonómicas galegas. As formacións Unidos pola Solidariedade Internacional, Democracia Efectiva (DEF) e Unión Demócrata do Pobo ( UDP) acordaron presentarse ao 12X. Defínense como «esquerda sen nacionalistas, pola igualdade de oportunidades e a xustiza social».

Coalición errada

Ciudadanos tentou ata o último momento unirse ao PPdeG, algo que tamén loitou a formación laranxa en febreiro para ir xuntos á convocatoria de abril. Inés Arrimadas presionaba desde Madrid a un Feijóo que non quería rexeitar as súas siglas, as que lle deron maioría absoluta once anos. O presidente da Xunta rexeitou a alianza, pero non que integrantes do partido entrasen no PPdeG, algo que ao que Cs negouse.

O partido laranxa advertiu desde o Congreso a importancia dunha coalición ante o «perigo» do nacionalismo para evitar así que o PSdeG-PSOE goberne co BNG, como ocorreu co bipartito entre 2005 e 2009. En Galicia Cs non ten representación no Parlamento e concorrerá en solitario ao 12X encabezada por Beatriz Pino, aspirando a entrar na Cámara galega por primeira vez.


Este artigo publicouse orixinariamente en castelán en Público como parte dun acordo de colaboración con este periódico. Aquí podes atopar máis artigos de Público en Luzes.
cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail