Son médico de familia nun centro de saúde, e diríxome a vostede para lembrarlle que a Xunta de Galicia que preside é quen ten as competencias en Sanidade. Súa é a responsabilidade do que sucede na Sanidade galega, da que tanto presume, aínda que agora, cando as cousas veñen como veñen, se escude tras o Ministerio de Sanidad coma se a cousa non fora con vostedes.
Son vostedes os responsables do que pasa nas residencias socio-sanitarias. Si, esas que vostedes privatizaron e repartiron entre fondos voitre e amiguiños para facer negocio a conta dos maiores, da enfermidade mental e de pacientes crónicos, porque tamén permiten que sexan as residencias as que se encarguen dos coidados nestes casos aínda que non teñan os 65 anos.
A Atención Primaria carece dunha xerencia propia. E agora, coa Covid-19, se as cousas non empeoraron máis foi, como sempre, pola iniciativa dos profesionais que sacan o traballo adiante
Foto de Óscar Corral
Mire, a Covid-19 sacou á luz o insoportable trato e coidados que se dispensan nestas residencias. Mais non é de agora. Vostedes son coñecedores porque foron moitas as ocasións nas que se lle preguntou a vostede, señor Feijóo, polo que pasaba neses centros socio-sanitarios. Interpelárono a respectos dos salarios de miseria das empregadas, porque a maioría son mulleres; a respecto dos horarios e de cocientes de persoal inaceptables; da calidade da comida dos residentes; e do uso de dobre cueiro para o que chaman «aforrar cambios e gañar tempo». Preguntáronlle tamén a respecto do tempo que pasan os anciáns nunha cadeira de rodas, porque apenas mostran certa dificultade para camiñar ou camiñan lento, séntanos en cadeiras de rodas aínda que estas non estean pensadas para estar tantas horas nelas. Preguntáronlle polo excesivo número de residentes anciáns encamados e mesmo amarrados, e asegúrolle que cando abusan das inmobilizacións, algún falece atado na cama… Podería seguir referindo mil atropelos que se suceden en moitas residencias, salvo excepcións, e que agora a Covid-19 sacou á luz. Pero vostede sábeo; mais sempre entendeu que os coidados ao final de vida tamén son un negocio. Por que non? E por iso púxose a repartir concesións de residencias.
Dispoñen vostedes de 56.000 tests que lles facilita o Goberno central. Sería moito pedir que dedicasen unha parte a realizar as probas ao persoal sanitario?
Cóntolle agora o que pasa na Atención Primaria. Mire, vostedes recortaron o que quixeron e máis neste ámbito. A Atención Primaria carece dunha xerencia propia. Fixérona depender do Hospital e dos especialistas. E agora, coa Covid-19, se as cousas non empeoraron máis foi, coma sempre, pola iniciativa dos profesionais que sacan o traballo adiante. A Atención Primaria leva o peso da maioría de casos de Covid-19, porque a maioría, afortunadamente, non ingresan. Así que nós, os médicos de familia, facemos o seguimento destes pacientes e dos que son dados de alta hospitalaria; e ademais procuramos seguir dando atención aos pacientes crónicos e as urxencias que nos chegan.
Foto Óscar Corral
Preocúpanos que pasará cando os centros de saúde vaian retornando a unha certa normalidade. Non volverá ser todo igual. Pasaron semanas nas que non puidemos facer o seguimento habitual de moitos enfermos. E preocúpanos non telos atendido e non sermos quen de atendelos. Imos necesitar máis persoal, máis investimentos. E preocúpanos porque vostedes só coñecen a palabra «recortes» e o só usan o termo «colaboración público-privada», o eufemismo co que tapan o desvío de enormes cantidades de diñeiro aos hospitais e fundacións privadas, parasitarias do público.
Estes días a Xunta de Galicia realiza unha enquisa epidemiolóxica, que se pon en marcha á conta do traballo da Atención Primaria e sen consultarnos aos profesionais. É lamentable que saibamos dela pola prensa. Dáse conta do enorme traballo que supón para os profesionais de Atención Primaria, moitos dos cales están de baixa polo coronavirus? Vostedes saben que a enquisa era unha sobrecarga, pero pesa máis a disputa política co Goberno central. Esta enquisa da Xunta de Galicia é igual á que promove o Goberno central. Daquela, por que non suman forzas?
Non podemos visitar domicilios sen as precaucións necesarias en canto a equipos, nin sen saber se somos difusores do coronavirus
A seguinte pregunta é: dado que dispoñen vostedes de 56.000 tests que lles facilita o Goberno central –a pesar de que o señor Feijóo prometeu comprar el os tests, pero «dos bos» –, sería moito pedir que dedicasen unha parte a realizar as probas ao persoal sanitario?
A Atención Primaria esta sendo golpeada pola Covid-19. Hai varios centros de saúde con moitos profesionais afectados. Faise necesario coñecer as circunstancias dos contaxios –deixando a parte a polémica das máscaras–, e é imprescindible facer tests ao persoal. Tampouco podemos visitar domicilios sen as precaucións necesarias en canto a equipos, nin sen saber se somos difusores do coronavirus. Necesitamos máis tests en Atención Primaria e o SERGAS é o responsable de que non se estean realizando: súas son as competencias e lémbrolle que non están suspendidas polo decreto de alarma.
Deixe, señor Feijóo, de escudarse para o que lle convén no Ministerio de Sanidad. Vostedes son uns irresponsables. Son os culpables de que o persoal sanitario traballe en condicións pésimas e sen saber se padecemos ou non o coronavirus.
Pedir indulxencia aos que nacerán despois é o xeito mais intelixente de dicirlles: non fagades o mesmo. Ou por dicilo coa ironía dun brechtiano galego: «Non cometades outra vez os erros equivocados».
Que o dúo PP-Vox poda chegar a obter o próximo goberno español é algo que me arrepía, non como «esquerda» ou como nacionalista senón, simplesmente, como galega: un outro compatriota á frente do executivo español é demasiado.
Chorar pola rúa é semellante a ter a lepra no século XXI. Foi o primeiro que me veu á cabeza cando me aconteceu, hai un par de semanas. Digo que me aconteceu coma se a que chorase non fose eu.
Elon Musk é a encarnación da filosofía das elites tecnodixitais americanas: un modernismo reaccionario que coñecemos das súas previas encarnacións na Italia fascista e a Alemaña nazi.
«Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos...». Mais acaso non é tan importante a nosa contribución ao bo goberno como ao seu financiamento? Debería ser tamén un deber votar?
A idade media de acceso a tratamentos de cirurxía estética pasou dos 35 anos aos 20. Cal é a batalla que temos que librar contra a senectude a esa idade, pregúntome.
O uso de esta web coa funcionalidade do navegador habilitada para aceptar cookies, imprima a aceptación por parte do usuario da tecnología cookie utilizada. O facer clic en "Aceptar todo", acepta o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode acceder a "Axustes" para un consentimento controlado.
As cookies son pequenos arquivos que se almacenan, automáticamente, no seu ordenador mentras navega pola web. En si mesmas, son inofensivas porcións de texto que se almacenan localmente e pódense ver e eliminar fácilmente, pero ainda que non todas as cookies utilízanse de maneira que podan identificar os usuarios, a maioria (e as máis útiles para os propietarios da web) fano, e polo tanto estarán suxeitas a lei de protección de datos.
As cookies son unha ferramenta empregada polos servidores web para almacenar e recuperar información dos seus visitantes. Unha cookie e un pequeno arquivo de texto que algúns servidores piden o noso navegador que escriba no disco duro, con información do noso comportamento na web. Teñen una caducidade que pode oscilar desde o tempo que dure a sesión ata una data futura especificada, a partir da cal deixan de ser operativas.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcións básicas e as funcións de seguridade do sitio web de forma anónima.
Cookie
Duración
Descripción
cookielawinfo-checkbox-advertisement
1 year
Set by the GDPR Cookie Consent plugin, this cookie is used to record the user consent for the cookies in the "Advertisement" category .
cookielawinfo-checkbox-analytics
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional
11 months
The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
CookieLawInfoConsent
1 year
Records the default button state of the corresponding category & the status of CCPA. It works only in coordination with the primary cookie.
PHPSESSID
session
This cookie is native to PHP applications. The cookie is used to store and identify a users' unique session ID for the purpose of managing user session on the website. The cookie is a session cookies and is deleted when all the browser windows are closed.
viewed_cookie_policy
11 months
The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades, como compartir contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recompilar comentarios e outras funcións de terceiros.
As cookies de rendemento úsanse para comprender e analizar os índices de rendemento clave do sitio web, contribuíndo a proporcionar unha mellor experiencia de usuario aos visitantes.
Cookie
Duración
Descripción
_gat
1 minute
This cookie is installed by Google Universal Analytics to restrain request rate and thus limit the collection of data on high traffic sites.
AMCV_0D3C2C1653DB264C0A490D4BAdobeOrg
2 years
This cookie, set by Adobe Marketing Cloud, stores a unique ID to identify a unique visitor.
AMCVS_0D3C2C1653DB264C0A490D4BAdobeOrg
session
This cookie, set by Adobe Marketing Cloud, stores a unique ID to identify a unique visitor.
As cookies analíticas úsanse para comprender como os visitantes interactúan co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre métricas, o número de visitantes, a taxa de rebote, a fonte de tráfico, etc.
Cookie
Duración
Descripción
_cb
never
This cookie stores a visitor's unique identifier for Chartbeat tracking on the site.
_cb_svref
never
Chartbeat sets this cookie to store the original referrer for the site visitor. This cookie expires after 30 minutes but the timer is reset if the visitor visits a new page on the site before the cookie expires.
_chartbeat2
never
Chartbeat sets this cookie to store information about when a visitor has visited the site before. This helps to distinguish between new, returning, and loyal visitors.
_ga
2 years
The _ga cookie, installed by Google Analytics, calculates visitor, session and campaign data and also keeps track of site usage for the site's analytics report. The cookie stores information anonymously and assigns a randomly generated number to recognize unique visitors.
_gat_gtag_UA_49160000_5
1 minute
Set by Google to distinguish users.
_gid
1 day
Installed by Google Analytics, _gid cookie stores information on how visitors use a website, while also creating an analytics report of the website's performance. Some of the data that are collected include the number of visitors, their source, and the pages they visit anonymously.
CONSENT
2 years
YouTube sets this cookie via embedded youtube-videos and registers anonymous statistical data.
demdex
5 months 27 days
The demdex cookie, set under the domain demdex.net, is used by Adobe Audience Manager to help identify a unique visitor across domains.
s_ecid
2 years
Adobe installs this cookie to allow persistent ID tracking in the 1st party state and is used as a reference ID if the AMCV cookie has expired.
As cookies publicitarias úsanse para proporcionar aos visitantes campañas e anuncios de mercadotecnia relevantes. Estas cookies fan un seguimento dos visitantes de sitios web e recollen información para ofrecer anuncios personalizados.
Cookie
Duración
Descripción
dpm
5 months 27 days
The dpm cookie, set under the Demdex domain, assigns a unique ID to each visiting user, hence allowing third-party advertisers to target these users with relevant ads.
everest_g_v2
1 year
The cookie is set under the everesttech.net domain to map clicks to other events on the client's website.
everest_session_v2
session
This cookie, set by Everesttech, is used for targeted ads and to document efficacy of each individual ad.
NID
6 months
NID cookie, set by Google, is used for advertising purposes; to limit the number of times the user sees an ad, to mute unwanted ads, and to measure the effectiveness of ads.
VISITOR_INFO1_LIVE
5 months 27 days
A cookie set by YouTube to measure bandwidth that determines whether the user gets the new or old player interface.
YSC
session
YSC cookie is set by Youtube and is used to track the views of embedded videos on Youtube pages.
yt-remote-connected-devices
never
YouTube sets this cookie to store the video preferences of the user using embedded YouTube video.
yt-remote-device-id
never
YouTube sets this cookie to store the video preferences of the user using embedded YouTube video.