CTL79. Especiais MIT: Paula Carballeira, Marián Bañobre, Santi Cortegoso.

Neste episodio, temos con nós á recente Premio de Honra da MIT, á fenesa Paula Carballeira. No acto lembrou os seus inicios no teatro en fene. A actriz, dramaturga, directora, narradora oral e escritora foi recoñecida pola súa ampla e diversa traxectoria que a converteu “nunha figura de referencia dentro e fóra de Galicia”, tal como resaltou Sabela Mendoza, do equipo directivo, lembrando que os seus espectáculos chegaron a exhibirse en festivais de Europa, América Latina e África. Tamén nos acompañan a compañía Ibuprofeno Teatro, que chegan a Ribadavia co seu novo espectáculo, Bio Construción, despois de recoller numerosos María Casares coa proposta anterior a esta. Sinerxias en Ribadavia!

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail