A Coruña.- A alianza que as esquerdas soberanistas artellaron para as eleccións ao Parlamento Europeo do 9X pretende apelar aos máis de 1,2 millóns de votantes que apoiaron ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), Euskal Herria (EH) Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) nas autonómicas galegas, vascas e catalás celebradas este ano.
Á coalición, baixo o nome Agora Repúblicas —Orain Errepublikak en eúscaro e Ara Repúbliques en catalán— uníuse Ara Més, que nas autonómicas baleares de 2023 obtutvo algo máis de 37.000 sufraxios. A lista da alianza está encabezada pola eurodeputada catalá Diana Riba, seguida do vasco Pernando Barrena e da galega Ana Miranda.
O sistema de circunscrición única do sistema electoral das europeas castiga ás formacións nacionalistas, que temen que a abstención, tradicionalmente elevada nestes comicios, reste posibilidades á súa aspiración de igualar os resultados de 2019 e lograr tres escanos, é dicir un para cada un dos seus tres partidos fundadores.
A enquisa que o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) fixo pública o pasado xoves dálles entre dous e tres escanos con entre o 3,9% e o 5% do voto. O CIS augura a vitoria do PSOE entre 21 e 24 eurodeputados, seguida do PP, con entre 18 e 20. Vox sería a cuarta forza con cinco ó seis, e Sumar, a cuarta con catro.
1.257.484 votos en 2019
Agora Repúblicas obtivo 1.257.484 votos en todo o Estado en 2019. A participación entón foi do 60,73%, a máis alta desde as primeiras europeas que se celebraron España en 1989, cando se superou o 68,5%.
Claro que entón a coalición obtivo máis da metade deses votos (733.401) en Catalunya, onde ERC acaba de sufrir un duro bajón nas autonómicas do pasado 12 de maio, tras perder máis de 175.000 sufraxios con respecto ás de 2021 para quedar en pouco máis de 427.000. É dicir menos do 14%.
ERC perdeu o 12M 175.000 sufraxios con respecto ás anteriores autonómicas catalás
Quen a priori gozan agora de máis fortaleza son os socios de ERC, que acaban de consolidarse como segundas forzas políticas nas súas respectivas comunidades con máis dun terzo dos sufraxios nas autonómicas galegas de febreiro e nas vascas de abril. EH Bildu tivo 341.735 votos (un 32,5%) o 21A, e o BNG, 467.064 (31,6%) o 18F.
O tirón do nacionalismo vasco e galego pode resultar decisivo agora para suplir esa presunta debilidade de Esquerra, sumida ademais na crise de liderado derivada das dimisións de Pere Aragonés e Oriol Junqueras tras a derrota do 12M.
Oportunidade tras a catalás
ERC cre que as europeas son unha boa oportunidade para recuperarse dese trompazo, do que os seus socios tamén son conscientes. Fuentes do BNG opinan con todo que o contexto das europeas non é o mesmo que o das autonómicas catalás, e que esperan que Esquerra poida recuperar parte dos apoios perdidos.
En canto a EH Bildu, a lectura que a súa dirección fixo o pasado 14 de maio daqueles resultados sostén que a pesar da perda da maioría absoluta o independentismo, o conflito catalán está lonxe de ser resolto.
«O Estado debe recoñecer os dereitos nacionais dos pobos vasco, catalán e galego»
«Conflito motivado pola existencia dun Estado incapaz de xestionar democraticamente a súa diversidade nacional, e cuxa única solución pasa polo recoñecemento do carácter plurinacional do Estado e dos dereitos nacionais dos pobos vasco, catalán e galego», indica o comunicado que fixo ese día a esquerda soberanista vasca.
Contando cos resultados das eleccións deste ano, o certo é que tanto EH Bildu como BNG teñen percorrido para crecer o 9J. Sobre todo a formación de Ana Pontón e Ana Miranda. Nas europeas de 2019, Agora Repúblicas obtivo en Galicia 171.500 votos, é dicir preto de 300.000 menos que o pasado febreiro. Orain Errepublikak sacou en 2019 246.488 sufraxios en Euskadi, 95.000 menos que en abril.