Sabías que o 41% do electorado do PP son xubilados ou pensionistas? Que o 5% decláranse só galegos? Que o BNG é a súa segunda opción de voto? E que ten maior nivel de confianza Ana Pontón que Alfonso Rueda? Pois se non che apetece mergullar nas procelosas fileiras de cifras e porcentaxes do Estudo 3437 ‘Preelectoral de Galicia. Elecciones autonómicas 2024’ do CIS escoita a Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro que che contan o máis pavero da sondaxe.