A Coruña.- A exconcelleira pola Coruña Isabel Faraldo será a candidata de Podemos á Xunta de Galicia nas eleccións do próximo 18 de febreiro, segundo confirmaron a Luzes-Público fontes da formación violeta.
Faraldo, traballadora da administración sanitaria galega e veterana militante da organización, será a cabeza de lista pola súa provincia na candidatura ás primarias do partido que presenta a executiva de Borja San Ramón.
(Haberá ampliación).