A Actualidade Está Sobrevalorada, o podcast preferido das élites cualitativas deste país, despide a súa segunda tempada analizando esta pasada convocatoria electoral, na que por unha vez, todo parecía que estaba claro, pero nada foi o que parecía. E a primeira, desde que hai rexistros, na non todos gañaron, e aínda máis: os creadores de opinión publicada recoñecen que meteron o zoco. Todo iso nas esclarecedoras análises de Ana Luisa Bouza, Antón Losada e Marta Otero Mayán, mentres Xosé Manuel Pereiro dirixía o tráfico de ideas coa habelencia de poder tocar tamén o asunto das celebracións do Día da Patria/Nacional e comentar os comportamentos da nosa clase política en data tan significativa.