A CRTVG nega que represaliara a outra xornalista crítica á que relegou á radio tras máis de vinte anos na tele

A Coruña.- Os responsables da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) negaron o pasado martes diante o xuíz que o traslado á radio dunha xornalista que levaba máis de 20 anos asignada aos servizos informativos da televisión se debesese a unha represalia pola súa posición crítica coa manipulación informativa e a persecución política dos seus traballadores.

Así o manifestaron varios directivos da empresa #ante a xuíza do Social número 1 de Santiago, Paula Méndez, quen presidiu a vista oral no primeiro dos xuízos previstos este día por traslados de xornalistas que demandaron á CRTVG por vulneración dos seus dereitos civís e laborais.

Os feitos ocorreron en febreiro pasado, cando á traballadora, M.R.C., que formaba parte do equipo de informativos da Televisión de Galicia cubrindo noticias para varios programas, lle anunciáron un venres que ao luns seguinte debía incorporarse a un novo posto de traballo na redacción da radio, situada noutro edificio e onde se manexan ferramentas tecnolóxicas e informáticas diferentes.

A xornalista é unha persoa significada nas protestas do movemento Defende a Galega, formado por empregados da Corporación que desde fai cinco anos esixen publicamente a través de protestas como os venres negros o cumprimento da lei, o fin da manipulación informativa e o cesamento da represión que exerce a dirección contra os profesionais que a critican ou se negan a asumila.

Folga e protesta diante do Senado

O seu traslado e o de varios compañeiros motivou que o comité de empresa convocase varias xornadas de folga e unha concentración en Madrid fronte ao Senado, onde ocupa un escano o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, a quen considera responsable da situación.

A traballadora, que segundo varios das testemuñas que compareceron na vista leva varios anos ninguneada polos seus mandos e relegada á cobertura de informacións menores por mor do seu posicionamento a favor de Defende a Galega, manifestou de inmediato o seu rexeitamento ao cambio en canto anunciáronllo verbalmente e a través dun conciso comunicado sen máis explicación que a de que se debía a «razóns organizativas», que non especificaron. Non lle ofreceron formación algunha para adaptarse ao medio, que descoñecía e para o que nunca traballara, e limitáronse a asegurarlle que as súas funcións serían «as mesmas», pero sen detallar en que consistían

Un momento del juicio contra la CRTVG / M.G.

Cando se reuniu coa coordinadora de persoal da radio, a persoa encargada de xestionar o persoal da cadea e das súas emisoras locais, esta manifestoulle que se decatou do cambio «no último momento», tanto que nin sequera previra un posto físico de traballo para ela na redacción da emisora, tal e como admitiu durante a vista oral.

O subdirector de Informativos da Corporación e a xefa de Recursos Humanos, polo súa banda, aseguraron que a decisión do seu traslado estaba tomada desde facía unhas semanas, aínda que recoñeceron que nunca a consultaron con ela nin indagaron entre o resto do persoal para saber se había algún outro xornalista interesado no debido a que, segundo eles, debían cubrir.

A preguntas das partes, os directivos explicaron que a reorganización consistiu nunha carambola de movementos de traballadores derivada da previsión dunha xubilación parcial dun xornalista adscrito a un programa da televisión. Iso, sinalaron, motivou que outro compañeiro da radio, tamén significado nas protestas contra a manipulación, fóra destinado alí nas mesmas circunstancias. É dicir, de maneira forzosa, con carácter inmediato, sen explicación algunha e sen ofrecerlle tampouco formación específica de ningún tipo para capacitarlle nas súas novas funcións.

Apartado por negarse a manipular unha noticia

Este traballador, experto en economía e que tamén foi relegado a cubrir informacións secundarias, e que tamén denunciou á empresa por vulneración dos seus dereitos civís e laborais, foi informado do cambio ao día seguinte de negarse a acatar unha orde da dirección para manipular unha información sobre o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) de forma que a noticia ocultase aos oíntes que a inflación crecera en Galicia máis que no resto do Estado.

Para substituír a este último enviouse á radio á demandante, quen con todo non asumiu as tarefas informativas do seu compañeiro desprazado. Curiosamente, tal e como se desvelou no xuízo, cando ás poucas semanas do cambio a traballadora enfermou e causou baixa, a dirección contratou a unha substituta que foi enviada non á redacción da radio, senón á da televisión.

Protesta dos traballadores da CRTVG frente ao Senado / M.G.

Na vista oral tamén compareceron dous peritos, un chamado pola representación legal da xornalista e outra pola da empresa, para expresar a súa parecer sobre se o traslado da traballadora da tele á radio debe entenderse como un mero cambio de tarefas, como quixo demostrar a Corporación, ou se constitúe unha modificación substancial das súas condicións laborais, o que a tería garantido maior protección fronte a calquera intento de represalia, como defendeu o seu avogado.

O primeiro perito é Antolín Romero Ortega, xornalista e docente experto en radio e televisión, quen explicou que a linguaxe audiovisual e radiofónica e as ferramentas que empregan son tan diferentes e requiren de habilidades tan distintas que moi poucos profesionais poderían asumilas sen un período adaptativo de formación previa.

A segunda foi a decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, Ana Isabel Rodríguez, quen asegurou que calquera licenciado en xornalismo está capacitado para traballar en calquera medio, aínda que admitiu tamén que na maioría dos casos resulta necesaria esa adaptación durante un período temporal que non concretou.

Incumprimento da lei

A pedimento da demandante, tamén declararon membros da xunta de goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia e da Asociación de Xornalistas de Santiago, dúas das entidades que se manifestaron publicamente contra os traslados da traballadora e doutros compañeiros represaliados.

A CRTVG está dirixida por Alfonso Sánchez Izquierdo, nomeado en 2009 por Alberto Núñez Feijóo e que se mantén desde entón no seu cargo a pesar de que unha lei de 2011 obriga a que este sexa cuberto por un ou unha profesional de recoñecido prestixio elixida por unha maioría de dous terzos no Parlamento de Galicia.

Feijóo e Sánchez Izquierdo, nunha imaxe de arquivo / Foto: TVG

Durante o mandato de Sánchez Izquierdo, os tribunais ditaron varios centenares de sentenzas condenando á CRTVG, que se financia cos orzamentos da Xunta, por despedimentos improcedentes, persecución ideolóxica, vulneración de dereitos laborais e violación de liberdades fundamentais individuais e colectivas, como as de opinión e expresión, o dereito á folga ou o das nais e os pais para conciliar o seu traballo co coidado dos seus fillos.

Despois de oito horas de vista, na que tamén compareceu a Fiscalía e á que asistiron unha trintena de traballadoras da CRTVG, a xuíza decidiu suspendela e deu a ás partes dez días para presentar as súas conclusións por escrito. Tamén tivo que aprazar os outros dous xuízos previstos para este martes, que se sinalaron para o próximo 19 de xullo. En setembro haberá outro, que se suma ao proceso penal aberto pola querela doutra xornalista pola que Sánchez Izquierdo e outros sete membros do seu equipo están imputados pola xuíz por outros dous delitos de acoso moral e violación dos dereitos das traballadoras.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail