Encontro xornalístico en Madrid, da man de Contexto para selar a alianza presentada o ano pasado na Coruña e debater sobre a situación do oficio. Coas intervencións de Miguel Mora, Mónica Andrade, Vanessa Jiménez, por CTXT, e Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro e Valeria Pereiras, de Luzes.
Entre as persoas asistentes, Manuel Jabois, Fernando Varela, Ana Cermeño, Ana Pardo de Vera, Arturo Lezcano, Nacho Carretero, Xosé Vázquez Hermida, Rodolfo Irago e Víctor Sampedro, que tamén interviron no acto. Así mesmo, no Teatro del Barrio estaban colaboradores como os xornalistas Pablo Orosa, Henrique Mariño, Guillem Martínez, Daniel Basteiro e Xosé Luis Canido; o escritor Xurxo Chapela, o actor Sergio Pazos e os pintores Antón Patiño e Menchu Lamas. A maiores da estupenda tropa habitual de CTXT.
As fotografías son de Eva Rodríguez García.