Culmina a exhumación dos restos de catro represaliados polo franquismo en Carballo

A Coruña.- A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica rematou a semana pasada a exhumación que estaba a levar a cabo no cemiterio de Bértoa, en Carballo (A Coruña), que permitiu recuperar os restos de catro persoas asasinadas polo franquismo.

Trátase de Francisco Miguel Fernández Díaz, Juan Boedo Pardo, Pedro Pinilla Calvete e o seu pai Pedro Pinilla Fraga.

Todos eles eran republicanos e foron asasinados por pistoleiros fascistas, según asegura a ARMH nun comunicado, e os seus restos amosan evidencias de morte violenta. Cada un deles ten tapas de bala dunha pistola e un dos corpos recibira cinco disparos.

Traballos de exhumación na frosa de Bértoa / Foto: ARMH

Tras aparecer esta semana a última que faltaba por atopar, as catro familias estiveron recibindo permanentemente información acerca dos avances da exhumación e algunhas delas estiveron presentes e viviron cunha «tremenda emoción» o descubrimento dos restos e o proceso de recuperación dos mesmos.

Agora serán trasladados ao laboratorio que a ARMH ten en Ponferrada, onde serán estudados e onde se tomarán mostras de ADN para que poidan ser identificados xeneticamente.

Un pintor, un mecánico, un conserxe e un gasista

A prospección arqueolóxica comezou o pasado luns 18 de setembro co obxectivo de localizar no cemiterio parroquial de Bértoa os restos de Juan Boedo Pardo, gasista de profesión e veciño de San Cristovo das Viñas (A Coruña), que tiña 28 anos cando foi asasinado; Francisco Miguel Fernández Díaz, pintor, ilustrador, libreiro e crítico de arte, de 38 anos; Andrés Pinilla Fraga, conserxe do Colexio Notarial, de 52 anos, e o seu fillo Pedro Pinilla, mécanico de 21 anos.

O pintor Francisco Miguel Fernández Díaz / Foto: ARMH

A portavoz da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Carmen García Rodeja, asegurou que o achado «encheu de emoción e ledicia» tanto aos seus membros como aos familiares dos represaliados. Durante as excavacións estiveron presentes os achegados de Juan Boedo, mentres que os de Francisco Miguel Fernández, que residen en México, «chamaron para darnos ánimos», ao igual que a familia de Andrés e Pedro Pinilla, «que aínda están a asimilar todo», dixo García Rodeja, quen cualificou a xornada de «día histórico para Galicia».

A asociación destaca o papel do Concello de Carballo, que «colaborou en todo momento co equipo da exhumación para facilitar o seu labor». «Algúns veciños achegáronse para compartir a súa solidariedade coas familias e ofrecer calquera tipo de axuda ao equipo da exhumación», engade o comunicado.

Tanto a exhumación como as probas xenéticas son financiadas cos recursos da ARMH, que non pide subvencións a ningunha institución porque está en contra dese modelo de procura nos desaparecidos e cre que é o Estado o que ten que crear unha oficina que atenda a todas e cada unha das familias e que non subvencione só algúns casos.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail