Luzes de outono

Este ano en Luzes, a volta ao cole vén acompañada de novas incorporacións. A tribo medra e trae consigo novos puntos de luz -non tantos como Caballero- que enfocarán diferentes áreas e temáticas, co permiso da Agrupación Astrómica Ío que tampouco é cuestión de chegar á contaminación luminosa.

Contaremos, pois, coa opinión quincenal -martes si, martes non- do noso colaborador en Bruxelas, Alexandre Mato, que comezou xa a destripar as institucións e parroquia que habitan a capital europea en «N’est pas l’Europe». Formará tamén parte da troupe David Rodríguez, autor do blog O Funambulista e do libro O canastro sen tornarratos (Xerais), que nos traerá reseñas de libros de ensaio a este taboleiro en liña, peneiradas en «O Bortel». A nosa querida Olga Novo poralle o ton máis poético a este portal e a xornalista e deputada polo BNG no Hórreo, Olalla Rodil unirase á nómina de comentaristas máis apegadas á actualidade.

Estes debuts veñen a enriquecer os contidoshttps://luzes.gal/cronicas-ectopicas/, con novas perspectivas, e a sumarse ás seccións xa existentes e asinadas, entre outras, por Ana Cermeño (EnfocArte), María Xosé Porteiro (Quinto elemento), Antón Losada (Todo perdido), Luís Pardo (Son un pasmón), Rodolfo Irago (A letra pequena), Cláudia Morán (Teito de Cristal), Pablo L. Orosa (Franqueado na Apacha), Iván Méndez (Éche o que hai), as Crónicas ectópicas transatlánticas de Débora Campos, ou as dos directores Xosé Manuel Pereiro (Revisando os danos) e Manuel Rivas (O paso aberto).

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail