Luzes colabora coa quinta edición de La Uni Climática

 

Un ano máis, Luzes colabora con La Uni Climática, un espazo formativo a iniciativa de Climática centrado nesta quinta edición na adaptación á crise climática

Baixo o título Adaptación á crise climática, o programa contará, entre o 15 e o 19 de xullo, con 40 especialistas  en clima, biodiversidade, saúde,  agricultura, alimentación, cidades e auga. Destcan nomes como Ian Burton, pioneiro no uso do concepto adaptación, Cristina Linares (Institut de Salud Carlos III), Paco Heras (Oficina Española de Cambio Climático); Annelies Broekman (CREAF); Ana Lancho (Fundación Biodiversidad); Jonas Bull (Human Rights Watch); Ana Terra Amorim-Maia (BC3); Javier López Lara (IHCantabria); Marta G. Rivera-Ferre (INGENIO, CSIC-UPV); Esteban
Rodríguez (AEMET); Ana Lancho (Fundación Biodiversidad); Javier Retana (CREAF); Patricia Klett (Oficina Española de Cambio Climático); y Jofre Carnicer(CREAF).

Se tes unha subscrición á Revista Luzes, terás acceso a un 50% de desconto na V edición da Uni Climática. Podes inscribirte con desconto a través deste enlace, utilizando, ao facer a compra, o código de cupón que atoparás no teu correo electrónico (non esquezas revisar a carpeta de spam!).

Nesta edición, a maiores, podes conseguir unha subscrición gratuíta por dous meses a Filmin, plataforma na que están dispoñibles algunha das series e películas sobre as que se debatirán en sesións online en directo.

**Promoción válida para as matrículas feitas ata o 31 de agosto de 2024.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail