A muller e a filla do chofer de Baltar, multadas por conducir con exceso de velocidade o coche oficial da Deputación

A Coruña.- A muller e a filla de Raúl Domarco Piñeiro, xefe do departamento responsable do parque móbil de Presidencia da Deputación de Ourense e chofer asignado ao seu presidente, Manuel Baltar, foron identificadas polo organismo provincial #ante a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) como condutoras dun dos coches oficiais do presidente cando o vehículo circulaba con exceso de velocidade.

Noutro dos coches da Deputación, o propio Baltar xa foi collido a 215 km/h e a 173 km/h en dúas ocasións nas que os axentes de Tráfico puideron comprobar que o piloto era el. Pola primeira destas infraccións está procesado por un delito contra a seguridade viaria.

Segundo puido saber Luzes-Público, un dos coches oficiais da Deputación, un Audi A6 con matrícula 9857 JXL, foi detectado por un radar do helicóptero Pegasus da DXT circulando a 179 quilómetros por hora ás 16.15 do 6 de abril de 2021 na AP6, no punto quilométrico 72, é dicir no último tramo da viaxe a Madrid, que era a dirección na que ía o vehículo.

Case un ano despois, o 12 de maio de 2022, o mesmo vehículo foi detectado por un radar Autovelux a unha velocidade de 171 km/h na mesma vía. Esta vez foi ás 9.09 no quilómetro 135,8 da A52, á altura da localidade de San Lourenzo de Pentes, na Gudiña (Ourense). Na fotografía da DXT pode advertirse que as luces de freo están activadas ao paso do lugar onde estaba o radar.

Noutro dos coches da Deputación, o propio Baltar xa foi captado a 215 km/h e a 173 km/h en dúas ocasións nas que os axentes de Tráfico puideron comprobar que o piloto era el. Pola primeira destas infraccións está procesado por un delito contra a seguridade viaria.

Detalla da multa da DXT á muller do chófer do coche oficial de Baltar.

Segundo puido saber Luzes-Público, un dos coches oficiais da Deputación, un Audi A6 con matrícula 9857 JXL, foi detectado por un radar do helicóptero Pegasus da DXT circulando a 179 quilómetros por hora ás 16.15 do 6 de abril de 2021 na AP6, no punto quilométrico 72, é dicir no último tramo da viaxe a Madrid, que era a dirección na que ía o vehículo.

Case un ano despois, o 12 de maio de 2022, o mesmo vehículo foi detectado por un radar Autovelux a unha velocidade de 171 km/h na mesma vía. Esta vez foi ás 9.09 no quilómetro 135,8 da A52, á altura da localidade de San Lourenzo de Pentes, na Gudiña (Ourense). Na fotografía da DXT pode advertirse que as luces de freo están activadas ao paso do lugar onde estaba o radar.

As dúas infraccións levaban aparelladas senllas multas de 400 euros e a retirada de catro puntos do carné de conducir. Dado que os condutores dos vehículos non foron detidos nin as identidades dos seus pilotos confirmadas, a DXT enviou á Deputación senllos requirimentos para que os identificase.

A muller e a filla

No primeiro caso, a Deputación sinalou como condutora a Laura Domarco Álvarez, filla de Raúl Domarco e tamén funcionaria do organismo que preside Baltar. Na segunda, a Deputación informou á DXT de que quen pilotaba entón o coche oficial asignado á presidencia era María José Álvarez Rodríguez, esposa de Raúl e nai de Laura.

Raúl Domarco levaba anos sendo condutor oficial da Deputación, desde os tempos nos que estaba á fronte do organismo Xosé Luís Baltar, pai do actual presidente, ata que en 2018 foi ascendido a xefe do parque móbil. Xubilouse en decembro do ano pasado.

Rueda abraza a Baltar nun acto electoral / Foto: PPdeG

Luzes-Público preguntou á Deputación de Ourense as razóns polas que dúas persoas alleas ao seu servizo oficial de choferes conducían un dos vehículos asignados ao presidente, pero ao peche deste artigo non recibira resposta.  Preguntoulle tamén a Raúl Domarco por que a Deputación de Ourense sinalara á súa esposa e á súa filla como condutoras do coche en senllas viaxes e se estaba ao tanto do ocorrido, pero tras unha concisa conversación o exjefe do parque móbil non quixo aclarar ningún extremo e limitouse a dicir que nin el nin a súa familia querían «saber nada do tema».

Oito vehículos e cinco choferes

Segundo puido saber Luzes-Público, o parque móbil da Deputación cuent con cinco choferes —eran seis ata que se xubilou Domarco— e de oito vehículos oficiais. Tres destes coches destínanse ao uso case exclusivo do seu presidente: o citado Audi A6, un Jeep Cherokee que conduce nas súas excursións á montaña e un Volkswagen Passat no que Baltar si foi parado polos axentes da DXT, identificado e multado en polo menos dúas ocasións o mesmo día do mes pasado. Unha das veces ía conducindo a 215 km/h e a outra, a 173 km/h na A52.

Pola primeira desas sancións, ademais de 600 euros de multa e a retirada de seis puntos do carné que contempla a sanción administrativa, Baltar foi denunciado pola Garda Civil como autor dun presunto delito contra a seguridade viaria. Por iso, o presidente da Deputación terá que sentar no banco o próximo 31 de maio despois de que o seu avogado lograse atrasar a vista ata despois das eleccións.

Ademais, os radares fixos de Tráfico detectaron en polo menos outras nove ocasiones ao Passat do presidente excedendo os límites de velocidade sen que a Deputación identificase á persoa que conducía.

Unha desas veces interpúxose unha sanción de 500 euros porque o vehículo foi detectado circulando a 153 km/h nunha estrada con limitación a 90. Tras dous apercibimentos, a DXT acabou triplicando a multa pola reiterada negativa por parte do organismo de facilitar a identidade do condutor. Por iso, a Deputación finalmente tivo que abonar 1.500 euros de sanción con cargo ao seu orzamento.

 

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail