1×31: Grande Amore, música italiana e temazos per cápita

Hai cousas que van e volven, compórtanse como ciclos e nacen como respostas a outros elementos. Tamén hai outras cousas constantes, menos comúns pero máis fortes e duradeiras. Unha delas é o rock, en grandes letras, que xamais se vai pero que por algún motivo sempre volve. Ou iso din. O mesmo con Italia, como ben demostrou en Eurovisión. Ás veces sin pausas, descansar para correr máis e mellor.
Sobre todo isto parolamos con Grande Amore, ou Nuno, como responde pola rúa, tamén coñecido por formar parte de Oh! Ayatollah e Los Rastreadores xunto a Ortiga. Falamos sobre glam e punk, sobre señores con moitas opinións e pouca memoria pero aínda menos vergonza. Reflexionamos sobre Italia, a música disco, a figura de Pessoa ou a supremacía de ABBA.

 

Podes escoitar o programa clicando aquí

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail