Correntes do Atlántico: Santos, as bágoas que Pepe Macía nunca esquecerá

Son tempos escuros para os que non teñen máis remedio que migrar. Porque moitos queren sinalalos coma o inimigo. Porque, hoxe, migrar, máis que coma un dereito, quere debuxarse coma algo a combater. «Correntes do Atlántico» nace cunha premisa: a de que, máis que nunca, é o momento de reivindicar as correntes que partiron da nosa terra para atravesar o Atlántico.

«Correntes do Atlántico» é unha viaxe sonora na busca dos nosos contos migrantes, que tomaron en América as formas máis diferentes. Os relatos daquelas que volveron a Galicia cas súas maletas cheas: de novas formas de comer, de bailar, de falar e de vivir. Os dos que nunca regresaron, e pasaron a formar parte da cultura do novo continente. E as de todos aquelas galegas e galegos que atopamos no camiño con algo que contar.

Episodio 1

«Santos: as bágoas que Pepe Macía nunca esquecerá»

En 1959, o mellor equipo do mundo, o Santos de Pelé, chegou á Coruña para xogar o Trofeo Teresa Herrera. Pepe Macía, estrela santista, aproveitou esa viaxe para escapar a Mandín (Verín) e coñecer á súa avoa. A viaxe quedou inmortalizada nunha foto chea de bágoas: as da súa avoa, que tocou ao neto que nunca coñecera; as dos seus pais, que regresaron á súa terra a través do seu fillo Pepiño.

Un podcast documental de Dona Lola Producións para Revista Luzes, co apoio da Deputación de Pontevedra e Punto Gal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail