A TVG desmente que ordenara aos seus redactores pixelar as caras dos acusados de matar a Samuel

O 22 de outubro de 2024, en Luzes.gal publicamos a noticia A tele galega censura o xuizo de Samuel en liña coa estratexia dun avogado irmán da secretaria xeral doPPdeG

A tele galega censura o xuízo de Samuel en liña coa estratexia dun avogado irmán da secretaria xeral do PPdeG

 

Acolléndose ao dereito de rectificación, e por considerar que na información se recollen «feitos incertos que lesionan gravemente os intereses da CRTVG» un despacho de avogados de Compostela remite a seguinte nota:

«A Televisión de Galicia non ordenou aos seus redactores da delegación da Coruña que deixen de incluír nas súas informacións os nomes dos acusados de matar a Samuel Luiz, cuxo xuízo se celebra desde a semana pasada na Audiencia Provincial da Coruña. Tampouco lles comunicou que deben evitar tomar e difundir imaxes dos seus rostros, e que se o fan, deben editalas antes de emitilas pixelando as súas caras para impedir que poidan ser identificados.

-É absolutamente falso que o documento interno da CRTVG titulado Pautas para os informadores sobre o tratamento da imaxe garde calquera clase do relación coa estratexia dalgunha das partes procesuais nin da xuízo por Samuel Luíz, nin en calquera outro. O documento trata de recomendacións e criterios para reporteiros gráficos e xornalistas para gravación e uso das imaxes nos casos de: xuízos e procesos xudiciais; datos persoais e a documentos; accidentes de tráfico; temas de seguridade e tratamento de imaxe de menores sen autorización previa. É un documento de uso habitual en calquera medio de comunicación, as súas actualizacións son constantes para seguir, entre outras, as directrices que emanan dos propios tribunais ao respecto das coberturas informativas. A CRTVG lamenta fondamente que un caso tan dramático como o de Samuel Luiz sexa utilizado para a elaboración de artigos falaces coma este, sen aportar a máis mínima proba que os sustenten, e esiximos respecto polo proceso en curso e polos profesionais da información que o cobren».

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail