S02E25 – Casamentos????

Nesta semana fixemos reconto de estados civís e, grazas á nosa convidada Esther, o resultado foi de 3/2 con vitoria para as solteiras. Con todo, temos que salientar que se o reconto fose en número de vodas, o marcador sería outro ben diferente.

Esther personifica varias mudanzas: casou varias veces, casou en pandemia e até fixo un banquete online. Con este exemplo, podemos ver que a sociedade actual experimenta un abandono do factor ritual en favor dunha esencia máis festiva ou, talvez, até máis práctica. Non debemos esquecer que o vínculo legal facilita moitas outras xestións administrativas para os cónxuxes.

Comentamos a escolla de vestidos, como é que se fan os convites, se hoxe teñen ou xa non teñen sentido das «despedidas» ou como é aquilo de sentirse o centro de atención por un día. Na nosa sección de recomendacións temos espazo para filmes, música e até un contacto dunha organizadora de casamentos.

Agora só necesitamos unha amiga casada máis para facer un solteiras contra casadas. Ou mellor non, que non somos moito de fútbol. Aínda que ben pensado, patrocinador xa temos: PuntoGal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail