MAYDAY dende a Revista Luzes

Este é un Mayday, unha chamada existencial, para pedir a vosa axuda solidaria que faga posíbel que continúe e anove a navegación da revista Luzes.

«Queremos ser refuxio para lectores e xornalistas», dicía o manifesto do primeiro número de Luzes en decembro de 2013.

Dende entón, cada mes, e capeando moitos temporais, Luzes foi ese refuxio e lugar emancipado para un almeiro de xente creativa, centos e centos de persoas, un mapamundi da información e das expresións culturais e artísticas activado dende Galicia.

Dende o nacemento aspiramos a ser un inconformista «antídoto do silencio». Tamén unha voz aberta, innovadora e vangardista, un «local universal» e unha «toma de terra da humanidade á que chamamos Galicia».

Xa van trece anos demostrando que esoutro xornalismo alternativo é posíbel. Luzes non ten dono. O seu «capital»  é a xente colaboradora, subscritora e lectora.

É un logro da resistencia, do esforzo existencial e da xenerosidade.

Este é un Mayday para poder seguir adiante en tempos de moita adversidade.

Solicitamos a vosa colaboración económica a través da Fundación Luzes. Dese xeito, as achegas teñen unha desgravación entre o 75% (achegas ata 150 €) e o 35%. Por exemplo, unha doazón de 1000 € desgravará 367,50 €: 112,50 polos primeiros 150 € e outros 255 polos restantes 850 €. A conta na que habería que facer o ingreso a nome da Fundación Luzes é esta: ES38 2100 4773 3802 0019 2421

Grazas por ler esta chamada de Mayday.

Saúde e avante!

En representación da xunta de socias e socios de Luzes,

Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, codirectores

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail