O penúltimo programa na MIT 22. Con dúas compañías galegas. A primeira, coruñesa, adicada ó teatro familiar. Juan Rodríguez e Pablo Sánchez traen a Ribadavia o seu espectáculo Quixote, que fixeron na Alameda do pobo. Adaptaron as aventuras cervantinianas. A propia compañía xa naceu co obxectivo de acercar os clásicos ó público infantil e familiar. Por outra banda, temos con nós a Marta Pérez e Carlos Álvarez-Ossorio, autora (e actriz) e director do espectáculo O péndulo. É o resultado dun proceso de investigación e selección que parte da memoria familiar da propia Marta, pero deriva tamén noutras familias e casos de fusilados na Guerra Civil. Son as mulleres as que levan o fío, contándonos unhas historias que teñen todo de verdade e nada de ficción.