A xuíza arquiva a causa por acoso contra a cúpula da CRTVG

A Coruña.– A xuíza de Instrución número 1 de Santiago decretou o sobresemento provisional da causa por acoso laboral que abriu hai dous anos contra a cúpula da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG).

A maxistrada Ana López-Suevos considera que non hai indicios de delito algún na actuación do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, e oito dos seus directivos e directivas, acusados por unha xornalista de sometela durante anos a unha campaña de humillacións e descrédito persoal e profesional.

Nunha nota de prensa publicada este mércores –o auto da xuíza ten data da véspera–, a CRTVG lembra que a instrución da causa foi longa e minuciosa e engade que a decisión segue «a mesma liña» que outras dúas sentenzas dos tribunais do social e dos ditames sobre o caso da comisión contra o acoso da compañía.

A defensa da querellante anunciou que recorrerá o arquivo da causa ante a Audiencia Provincial da Coruña.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail