Revisar os marcos: A historia de Espello Video-Cine

Dentro da actividade Revisar os marcos que a Fundación Luzes realiza cada mes en colaboración coa Asociación Alexandre Bóveda, Xosé Manuel Sande, autor da reportaxe a videomemoria do cambio na Luzes 146, profundou no tema conversando co produtor Xosé Xoán Cabanas Cao sobre a historia de Espello Vídeo Cine, produtora dos anos 80 e primeira empresa galega no mercado profesional do vídeo, que documentou unha etapa clave e ilusionante do noso país, aportando riqueza patrimonial e sentido narrativo ao rexistro audiovisual galego. A conversa xirou arredor dunha pequena mostra de vídeos gravados pola produtora, que foron do traballo publicitario ao documental etnográfico e da reportaxe social ao vídeo corporativo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail