A Coruña.- En pleno debate sobre política de fronteiras e cos discursos da dereita estigmatizando aos migrantes, os habitantes da localidade luguesa de Monterroso (3.500 habitantes) deron todo un exemplo de humanidade proporcionando unha fraternal acollida a 126 refuxiados procedentes de Malí, Guinea e Mauritania, animándoos a quedar e a compartir a vida con eles.
O pasado 29 de agosto, unha trintena de veciños recibiron aos 100 primeiros refuxiados, procedentes de Canarias, ás portas do hotel onde o Goberno os aloxou. Ao día seguinte chegaron o resto. O persoal da ONG que axudou a tramitar a súa chegada e varios habitantes da localidade esperaron ao pé do autobús e fóronos saudando un a un para darlles a benvida.
«Un sorriso, unha man no corazón, un aplauso, foron algúns dos xestos que se viron dese idioma sen fronteiras da solidariedade, da empatía e da humanidade», recolle na súa crónica daquel día a xornalista Nieves Neira en El Progreso de Lugo.
«Veñen cunha mochila cargada de experiencias moi duras, e aínda así, cando os encontras pola rúa inmediatamente sacan un sorriso. Déronlle unha nova vida á vila»
Unha semana despois, a asociación Agrucuir, creada en torno ao festival musical de verán que cada ano celebra en Monterroso a diversidade sexual, afectiva e de xénero, organizou unha foliada con música e bailes tradicionais. A Sociedade Deportiva Monterroso, o club de fútbol local, convidou os refuxiados ao partido da fin de semana e dedicoulles unha recepción sobre o céspede.
«A maioría somos fillos de emigrantes»
«A maioría neste pobo somos fillos de emigrantes. Hai memoria colectiva de todo a dor e as dificultades que enfrontan quen ten que deixar a súa vida atrás», explica Luisa Coto Vázquez, portavoz de Agrocuir. A súa nai marchou a Londres con 16 anos. O seu avó foi o único dos seus oito irmáns que non tivo que emigrar. «Non son un caso único, todos temos historias similares. Como non os iamos recibir cos brazos abertos?», pregúntase, nun ton que trasluce asombro polo eco que tivo todo o asunto.
Á marxe da atención que lle prestou a prensa local, para o resto de España o tema pasou case desapercibido. Ata que o pasado 13 de setembro o diario The Guardian, un dos tabloides máis prestixiosos do Reino Unido, recolleu a información baixo o título «Están a darnos un exemplo: o pequeno pobo español que acolle refuxiados». Foi a tercea noticia máis lida ese día na en web do diario, de tendencia progresista e con máis de 22 millóns de usuarios únicos ao mes en todo o planeta.
«A maioría neste pobo somos fillos de emigrantes. Como non os iamos recibir cos brazos abertos?»
Desde que The Guardian publicou o tema, a SD Monterroso multiplicou a venda de camisetas do equipo. «Unha foi para unha persoa de Sevilla que se ademais se fixo socia, e outra para outra que nos pediu que lla enviásemos a Liverpool», conta Balbino Martínez, presidente da entidade, quen asegura que un dos obxectivos da súa directiva desde que tomaron as rendas do club foi aliñar a súa xestión coa defensa dos de valores humanos básicos. «O fútbol é un exemplo para outros ámbitos da vida, e queremos que os nosos nenos e nenas se vexan reflectidos neste tipo actuacións», di.
En Monterroso goberna Eloy Pérez, do Partido Popular, quen expresou formalmente as súas queixas diante a Subdelegación do Goberno en Lugo pola «improvisación» da chegada dos refuxiados nunha operación da que, asegura, ninguén o avisou. Iso, obxectou o rexedor, causou «alarma social» polo ao seu xuízo «desproporcionado» número de persoas que o Executivo trasladara ao seu municipio.
«The Guardian»: «Están a darnos un exemplo»
«Experiencias positivas»
Transcorridas máis de tres semanas desde a chegada dos refuxiados, Balbino Martínez, con todo, afirma que todo foron «experiencias positivas». «Veñen cunha mochila cargada de experiencias moi duras, pasárono moi mal, están lonxe das súas familias e do seu país… E aínda así, cando os encontras pola rúa inmediatamente sacan un sorriso. Déronlle unha nova vida á vila», sinala. Luisa Coto corrobora esa versión: «Algúns están aínda moi asustados porque teñen historias moi tráxicas detrás. Pero sempre saúdan cun sorriso».
Segundo o Instituto Galego de Estatística, Monterroso perdeu no últimas catro décadas máis do 29% da súa poboación. Un 33% dos seus habitantes teñen máis de 65 anos, e o ano pasado só houbo 21 nacementos fronte a 65 defuncións. Os refuxiados que acaban de chegar son unha oportunidade de ouro para frear a decadencia demográfica do pobo e Luisa expesa así a súa opinión: «Fainos falta man de obra: nos talleres mecánicos, nas granxas, nas explotacións gandeiras… Oxalá queden”».