Esta semana pasoume unha cousa ben emocionante. Volvía a casa do traballo, no bus de sempre, co mesmo conductor e un pouco máis de aire acondicionado do normal, cando descubrín a unha das pasaxeiras lendo o último número da revista Luzes. Sorrín. Enfandeime. A miña aínda non chegara. Mirei de novo para ela e… non a coñecía! Tiven ganas de achegarme, de preguntarlle se a mercara, ou se o seu carteiro vigués tamén maltrata a revista ao metela na caixa de correo. Xa era amiga.
Non fixen nada diso. Dábame demasiado corte, pero volvín a casa remexendo ideas na cabeza. Por que somos tan frikis de Luzes? Agustín Fernández Paz explicoumo un día. Lemos Luzes porque fala e pensa coma nós, é o noso filtro burbulla persoal.
Para el, Luzes era a revista das que temos Galiza como a nosa célula de universalidade, a ferramenta que nos permite ver o mundo coas nosas gafas de realidade. Como non imos ser frikis? É unha conexión coa nosa identidade, unha ventá ao que poderiamos ser se fósemos un país normal.
Luzes é o proxecto compartido que leva xa 55 números en papel e 1.619 días de activismo cidadán das que estamos convencidas de que Galiza pode ser un lugar diferente
Sabemos que ao abrila é posible que non sempre descubramos a pólvora, que ás veces chega tarde –aínda que hai moito que non- ou que os temas poderían ser aínda máis diversos –estamos trabajando en ello-, pero é o noso lugar común; o proxecto compartido que leva xa 55 números en papel e 1.619 días de activismo cidadán das que estamos convencidas de que Galiza pode ser un lugar diferente. Dubido que Pereiro e Rivas desen no 2013 un can por estar aínda metidos nesta lea, mais aquí seguimos.
E todo isto non é só frikismo, tamén é ciencia. Ademais de lectora e millennial opinadora, son a 2ª friki académica de Luzes -grazas Ghanito por ese primeiro Excel-. Hai dous anos centrei o meu traballo de fin de mestrado en coñecer que era o que facía especial a relación da revista coas súas lectoras e como mellorala. Aínda que ás veces, cando me baixo do bus e lle dou á cabeza, pense que estou sendo elocuente, en vez de reflictir nalgo que xa estudei hai un par de anos…
Se vedes unha Luzeira no bus, non fagades coma min. Sede riquiñas e saudade!
Aínda non eres parte de Luzes? Get on board here!