Cartas marruecas

A veces chegan cartas… e a Mohamed VI, rei de Marrocos chegoulle unha de Pedro Sánchez na que lle daba a razón –ou unha vía de escape– para o conflito do Sáhara. É dicir, despois de abandoar as súas obrigas como expotencia colonial, e desoíndo os acordos da ONU, o presidente español considera unha solución «sabia, creíble y realista» que a terra dos saharahuís teña unha autonomía, dentro dun estado no que as institucións dependen do dedo real. Os conversantes habituais, Ana Luisa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, non atinan a explicar as razóns dese trasacordo.  E por moito que botasen man da axuda de Ana Miranda, responsable de relacións internacionais do BNG e de Eloy Domínguez Serén, cineasta que foi profesor de audiovisuais nos campamentos de refuxiados e dirixiu o filme Hamadatampouco se deron aclarado.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail