Somos xente de Ben, tal e como se reivindica Alberno Ñúñez Feijóo? Xente de Mal, como se recoñece Antón Losada? Ou xente de Suficiente, como admite Marta Otero Mayán? Canta xente de ben queda, reflexiona Xosé Manuel Pereiro, descontando comunistas e bolivarianos, homosexuais que casan, mulleres que abortan, rapazas que pasan a ser rapaces e viceversa? Mentres debatemos todo iso, Ana Luisa Bouza lembra a dous que se foron hai nada: Amancio Amaro, xoia do Deportivo que luciu no Real Madrid, e Rafael Pillado, líder obreiro que sempre estivo á par dos seus.