PP Wars

Mentres en CentroEuropa (Ucraína, Bielorrusia, Rusia…) sopran ventos bélicos, Génova,13 (28004, Madrid) tamén coñecida ultimamente como A casa das dagas voladoras é unha das máis sanguentes frontes da guerra declarada por Isabel Díaz Ayuso desde o edificio de Gobernación da Porta do Sol (aka Death Star). Se Putin ordenou a entrada de tropas nas rexións prorrusas que se declararan repúblicas populares, Feijóo parece que tamén move ficha cara outros territorios que sempre ambicionou.

Os nosos especialistas todoterreo Ana Luísa Bouza e Antón Losada, afalados por Xosé Manuel Pereiro, analizan a delicada situación que se está a producir na estepa mesetaria, coa axuda de alguén que coñece moi ben as interioridades desde mundo, Rafa Cuiña.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail