Failume

Ascensión

A Ascensión que eu coñecín morreu en Tirán no 1987 sen ter recuperado ao seu marido, fondeado na ría de Vigo no 1936. Sen ser recoñecida como vítima. Sen nada máis que a vergoña.

Señoras que len

Antes de comezar, aviso: A de hoxe é unha peza persoal e estival, que tamén teño dereito a vacacións. Se queren outro tipo de contidos, recomendo Como ser a vítima perfecta, de Malva.

Onde bailarán as nenas?

Tiña Molotov, banda mexicana da miña adolescencia pola que o tempo (e o feminismo) pasaron francamente mal, un disco chamado «¿Dónde jugarán las niñas?». A portada era infame, pero a pregunta... a pregunta volveume á cabeza estes días, falando coas miñas amigas sobre saír de noite.

Purilla

A señora Pura, «Purilla» para os seus catro netos, é a miña avoa de Tirán. Purilla, coma tantas outras mulleres da súa quinta, acabaría por cruzar a ría para vivir e traballar en Vigo, forzada pola necesidade de sacar a familia adiante.

A escola pública e a gaticornia

Para min, sen dúbida, o acontecemento que marca este curso por riba de calquera outro é a culminación con éxito do proceso de castelanización da miña filla. Acabáronse as cores vermella e amarela, os cadeliños e as ovellas. Agora todo é «rojo», «amarillo», «un perro», «una oveja» e o galego…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail