Festival Internacional de Cine da Coruña aposta polas correntes máis libres do cinema de autor. A súa programación acolle películas independentes creadas desde o risco e a innovación. O festival indaga nas novas linguaxes cinematográficas e alberga obras creadas dende a valentía, a diversidade e a curiosidade. Ofrece ao público a posibilidade de ver narrativas non convencionais e rupturistas, que van desde o cine de autor ás correntes máis actuais do cinema de vangarda. Están con nós o seu director, Gonzalo E. Veloso; e a programadora, Andrea Franco.
