1×26: Melania Cruz, machismo na TV e o ministerio da soidade

Levamos un ano nun mundo que non sabe se está pechado ou en liberdade condicional, pero desde logo que comezamos a notar ou plenamente sentimos que a soidade é moi difícil de xestionar se non é voluntaria. Tamén medrou a preocupación polos seus efectos na saúde mental e xa comprendemos que non é preciso vivir nun lugar duro como as illas Ons para sufrir na contorna, pois un apartamento chega para iso. De como a paisaxe e o ambiente nos afecta falámolo esta semana coa actriz Melania Cruz ao gallo do seu premiado papel en «Ons». Con Melania tamén parolamos sobre o machismo en televisión, as desculpas dos agresores, a vinganza nas películas e moito máis.

Podes escoitar o programa clicando aquí

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail