Ataques de nervios a dous meses do 28A

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

A menos de dous meses das eleccións xerais, os nervios desatáronse nas sedes dos partidos que viven ao límite con cada nova enquisa que se publica.

Deixando á marxe os manexos de Tezanos no CIS, que non merecen case nin ser comentados, o certo é que as sondaxes dos últimos 10 días coinciden en que o PSOE é o que saíu mellor nesta precampaña e o que vai con vantaxe para ser o partido máis votado; outra cousa é que logo lle saian as contas para repetir no goberno.

Descartada de momento por Ciudadanos a opción dun novo pacto entre Pedro Sánchez e Albert Rivera, os socialistas entran en cabeza en campaña e co BOE a cen, pero coa permanente incomodidade de saber que, neste momento, a súa única posibilidade de seguir na Moncloa é negociando de novo cos de Torra, Puigdemont e compaña coa sentenza do procés pendente. Un escenario, outra vez endiañado.

Os socialistas entran en cabeza en campaña e co BOE a cen, pero coa permanente incomodidade de saber que a súa única posibilidade de seguir na Moncloa é negociando de novo cos independentistas

Enfronte, o PP e Ciudadanos viven en estado de máxima alarma ante o permanente ascenso de Vox nas enquisas. O equipo de Pablo Casado estase a dar contra as paredes ao ver como moitos medios de comunicación da dereita seguen acirrando aos de Santiago Abascal e evitan, de momento, seguir a estratexia do voto útil do PP.

A dereita alimentou tanto o tigre que agora os pode levar por diante. Dá a impresión ata de que os medios máis duros están traballando para que Vox poida superar a Ciudadanos para que así os de Rivera, relegados ao cuarto lugar, non teñan marxe de manobra para reformular o dos pactos co PSOE.

Rivera é o que máis se está movendo, angustiado polo frenazo de Ciudadanos nas enquisas e sabedor, tamén, de que pode ser a súa última oportunidade para exceder o PP e converterse na referencia do centro-dereita en España.

A operación Arrimadas ten, neste sentido, un dobre obxectivo: mellorar as expectativas electorais de Ciudadanos e ser unha aposta de futuro por se as cousas se poñen feas. Os nervios no partido laranxa están precipitando algúns fichajes que parecen difíciles de meter na mesma ola, como un socialista de toda a vida como Celestino Corbacho cun dirixente do sector duro liberal do PP como José Ramón Bauzá. Rivera debe ser consciente ademais de que, se ao final, PSOE e Ciudadanos suman maioría haberá unha gran presión política, mediática e económica na corte madrileña para que haxa acordo de goberno entre os dous.

Agobiado polo frenazo de Ciudadanos nas enquisas, Rivera sabe que pode ser a súa última oportunidade para sobrepasar o PP e converterse na referencia do centro-dereita en España

Vox segue crecendo aínda que o seu primeiro pinchazo se produciu no xuízo do procés onde o xuíz Marchena mantivo baixo control o seu secretario xeral Ortega Smith quen apenas inquietou a Mariano Rajoy e a Soraya Sáenz de Santamaría. De todos os xeitos, a onda da dereita ségueos favorecendo e ademais parece que se van beneficiar do cuestionable criterio dalgúns medios de incluílos nos debates electorais en igualdade de condicións que os demais partidos cando, de momento, non teñen nin un só deputado.

Para rematar, onde parece que aínda non entraron en campaña é en Unidas Podemos que non sae da súa depresión anímica e demoscópica á espera de que o seu líder acabe a baixa paternal. Entre as guerras internas e a ausencia de Pablo Iglesias, Podemos case desapareceu no peor momento para eles.

Onde parece que aínda non entraron en campaña é en Unidas Podemos que non sae da súa depresión anímica e demoscópica á espera de que o seu líder acabe a baixa paternal

En Galicia, a crise de Podemos súmase ao lio eterno dentro de En Marea. Sen dúbida, o Bloque tería agora unha excelente oportunidade para volver ao Congreso, aínda que de momento as enquisas non o recollen. O PP galego sufrirá desgaste, pero parece que Feijóo poderá presumir de estar moito máis forte que Casado polo que poida pasar nas filas populares. Ciudadanos aparece máis nas sondaxes que na vida política galega e Vox, de momento e por fortuna, non terá oco en Galicia onde somos máis de Rapa das Bestas que de señoritos dacabalo. Mentres, vellos coñecidos como Pachi Vázquez ou María Quintas buscan porto logo de abandonar o barco dos socialistas en Ourense.

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail