O Gran Rexeitamento

A esta alturas xa escoitarían todos os análises posibles. Os do No Pasarán e os de esos chicos de los que usted me habla no son fascistas, son derecha desencatada. Así que nestas liñas non imos falar de significados senón de significantes. Diso que mencionaba Borges nos primeiros versos de «El Golem».

Si (como afirma el griego en el Cratilo)
el nombre es arquetipo de la cosa
en las letras de ‘rosa’ está la rosa
y todo el Nilo en la palabra ‘Nilo’

Porque a ultradereita española non é o que é. É o que pensamos que é. A construción colectiva do desacougo. Ou é que de súpeto 400.000 persoas en Andalucía que desexan «a derrogación da lei de violencia de xénero e a supresión de organismos feministas radicais subvencionados» ou «levantar un muro infranqueable en Ceuta e Melilla»? De ser así, que tampouco sería descartable, o problema sería moito máis grave. O medo bulindo polo torrente sanguíneo, de onde ten mala saída.

Mais penso que o sucedido ten máis que ver co significante que co significado. A procura do cambio. 36 anos si son nada. Aludía este mes nun recomendable artigo para La Marea sobre a Urxencia dos matices o xornalista Thilo Shafer ao sentimento, o Zeigest, estendido polas sociedades occidentais: atacar a suposta «corrección política» como expresión última da contracultura. Ecoloxistas, inmigrantes, feministas ou LGTBI xa non son percibidos como ‘o alternativo’. Son parte do discurso hexemónico. Polo menos en parte. E iso converteunos na diana perfecta para a revolta do Antiguo Régimen.

O Zeigest, estendido polas sociedades occidentais, é atacar a suposta «corrección política» como expresión última da contracultura

O discurso mediático ten moito que ver na construción desta realidade. Basta con ver a turra que nos deron en provincias coa teima de Madrid Central ou como o asunto acabou por ser resumido nun enfrontamento máis entre a cruzada ecoloxista e o dereito individual a circular cada un no seu coche. Liberdade ou xustiza. Velaí o conflito fundacional.

Porque se a campaña coa que Podemos irrompeu no escenario político español será estudada nas facultades, tamén o deberían ser os seus erros. E coido que a estas alturas xa podemos concluír que se equivocaron. Ou cando menos que non souberon reaccionar á contraofensiva conservadora. Coa Sexta como cabalo de Troia, a estratexia dos significantes baleiros acabou por desmobilizar o 15-M. «A casta» ou «os mercados» poden ser o inimigo, pero hai que poñerlles nome para poder derrotalos. A invencibilidade do nefando.

As hordas do Antigo Réxime souberon atacar as dificultades da teoría de Laclau. Xogaron coas mesmas armas. E conseguiron facerlle crer a boa parte da sociedade que volver cara atrás é o mellor camiño cara adiante. Conquistaron o compás en nome do Sentido Común. Ese vello axioma de que «a clase media está máis preocupada de acumular bens que de facer o ben».

Por iso, cómpre máis ca nunca convocar O Gran Rexeitamento. Devolverlle o significado aos significantes. Facerlle ver ao autónomo que toma a vella furgoneta cada mañá para ir traballar que non é o inimigo do cambio climático. Borrarlle a superioridade moral aos que van na bicicleta. E dende aí, dende a solidariedade entre as loitas con nome no que recoñecerse, artellar unha resposta de progreso. Un programa de mínimos. Un Gran Rexeitamento ante os apóstolos da marcha atrás.

Para non deixar que o dicionario da desintelixencia nos siga a instruír significantes sen significado.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail